As linguas mordovinas (en , mordovskiye yazyki) son un subgrupo das linguas urálicas, comprendendo as linguas erzya e moksha, que están estreitamente relacionadas entre elas e son faladas as dúas en Mordovia.

Anteriormente considerada unha única "lingua mordovina", agora trátase como unha pequena agrupación lingüística. Debido a diferenzas na fonoloxía, léxico e gramática, o erzya e o moksha non son mutuamente intelixibles.Феоктистов А. П. Мордовские языки. основы финно-угорского языкознания. Прибалтийско-финские, саамский и мордовские языки. М., 1975 As dúas linguas mordovinas tamén teñen formas literarias separadas. A lingua literaria erzya foi creada en 1922 e a mokshan en 1923.

Clasificación miniatura|400px|Dialectos das linguas moksha e erzya na República de Mordovia

M-I grupo central M-II grupo central M-III grupo sueste

E-I grupo central E-II grupo central E-III grupo noroeste E-IV grupo sueste

E-V Dialecto shoksha

Tradicionalmente, os uralicistas agrupaban as linguas mordovinas e o mari na chamada póla do Volga da familia urálica; porén, esta teoría foi abandonada a finais do século XX. En troques, algúns uralistas prefiren agora un modelo de expansión rápida, coa mordovina como unha das nove pólas primarias das linguas urálicas; outros propoñen unha estreita relación entre o mordovino coas pólas finobáltica e saami.

Notas

Categoría:Linguas de Rusia