Black Country, New Road é unha banda inglesa de rock formada en Cambridge en 2018. Os seus fundadores foron Tyler Hyde (voces, baixo), Lewis Evans (voces, frauta, saxofón), Georgia Ellery (violín, coros), May Kershaw (voces, teclados), Charlie Wayne (batería, coros) e Isaac Wood (guitarra, voces); en 2019 engadiron un sétimo membro, o guitarrista Luke Mark.

A banda gañou atención inicialmente grazas os seus sinxelos "Athens, France" e "Sunglasses" en 2019, que combinaban características de rock experimental, post-punk e post-rock, sendo comparados con artistas como Slint e os contemporáneos Black Midi. O seu álbum de estrea, For the First Time, foi publicado en 2021 e foi amplamente aclamado pola crítica, sendo nomeado ao Mercury Prize e tendo acadado o número 4 na lista británica de álbums. Catro días antes do lanzamento en 2022 do seu segundo disco, Ants from Up There, Wood deixou o grupo citando problemas de saúde mental. O álbum ecibiu máis aclamacións da crítica e éxito comercial, debutando no número 3 da lista de álbums do Reino Unido e aparecendo en varias listas de mellores álbums do ano.

Tras a marcha de Wood, a banda comezou a traballar inmediatamente en material novo, con Hyde, Evans e Kershaw compartindo as tarefas vocais principais. Tras xirar durante o ano 2022, o grupo publicou o video Live at Bush Hall en febreiro de 2023 (seguido por un álbum en marzo), que contaba con varias composiciones novas escritas despois da marcha de Wood. En 2025 anunciaron o seu terceiro álbum de estudio, Forever Howlong, publicado en abril do mesmo ano.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo For the First Time 2021 Ninja Tune Ants from Up There 2022 Ninja TuneForever Howlong2025Ninja Tune

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Cambridgeshire Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais formados en 2018