Frank Ronald Reiss, nado en West Orange (Nova Jersey) en 1928 e finado en Morristown o 20 de agosto de 2003Obituario en The New York Times, 22 de agosto de 2003 ., foi un actor e escritor estadounidense, autor da peza teatral Journey to the Sun.

Traxectoria Viviu a maior parte da súa vida en Warren Center, Pensilvania, antes de se mudar a Rockaway en 1990. Serviu no exército durante a segunda guerra mundial. Foi director executivo da YMCA (Young Men's Christian Association) de Johnson City (Nova York) durante moitos anos ata o seu retiro en 1994. Tras mudarse a Rockaway, traballou como bancario no Wells Fargo en Parsippany (Nova Jersey). Casado con Sandra Strisss, tivo tres fillos e unha filla.

Como actor, traballou en Broadway na obra teatral que ostenta o récord de permanencia en cartel na escena neoiorquina en Life with Father e na CBS de Nova York. Ademais de varios papeis principais como actor de teatro e de telenovelas, traballou baixo a dirección de Hugh Hefner.

Notas

Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados no condado de Essex, Nova Jersey Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades sen imaxes