Flora Alejandra Pizarnik, nada en Buenos Aires o 29 de abril de 1936 e finada na mesma cidade o 25 de setembro de 1972, foi unha poeta arxentina.

Traxectoria

Nacida no seo dunha familia de inmigrantes xudeus rusos, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Bos Aires e pintura con Juan Batlle Plans.

De 1960 a 1964, viviu en París, onde traballou na publicación Cuadernos e nalgunhas editoras. Estudou diversos cursos de historia da relixión e literatura francesa na Sorbona. Tamén publicou poemas e críticas en varios diarios e traduciu obras de Antonin Artaud, Henri Michaux, Aimé Césaire e Yves Bonnefoy, entre outros.

O 25 de setembro de 1972, durante unha fin de semana fóra do sanatorio psiquiátrico onde estaba internada, Pizarnik suicidouse aos 36 anos cunha sobredose de seconal.

Obra La tierra más ajena (1955) La última inocencia (1956) Las aventuras perdidas (1958) Árbol de Diana (1962) Los trabajos y las noches (1965) Extracción de la piedra de locura (1968) El infierno musical (1971) La condesa sangrienta (1971)

Publicacións póstumas El deseo de la palabra (1975). Selección de poemas e textos críticos que Alejandra planeou con Antonio Beneyto e Martha I. Moia Una noche en el desierto (1978) Entrevistas (1978) Zona prohibida (1982). Debuxos e poemas, moitos deles borradores de pezas publicadas en Árbol de Diana Poemas (1982) Textos de Sombra y últimos poemas (1982) Correspondencia Pizarnik (1998) Obras completas (2000) Poesía completa (2000) Prosa completa (2002) Diarios (2003)

Véxase tamén Ligazóns externas Alejandra Pizarnik/Obrapoética Pizarnik: Pública e Privada Vídeo con imaxes e voz de Pizarnik

Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Tradutores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas da Arxentina Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Suicidios en 1972 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Suicidas da Arxentina