A lingua warekena, ou de maneira máis precisa warekena de Xié, é unha lingua da familia arauaca falada no Brasil e no concello de Maroa, en Venezuela, a carón do río Guainía. É unha das varias linguas (incluíndo o mandawaca, o barawana, o baniwa ou o piapoco) que recibe o nome xenérico de baré e baniwa/baniva, distinguíndose como baniva de Maroa ou baniva de Guainía. O warekena está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Número de falantes Aikhenvald (1999) cifrou o número de falantes en 10 no Brasil e uns 200 en Venezuela.Aikhenvald (1999) The Arawak language family.
Características Os pronomes persoais en warekena fórmanse engadindo un sufixo enfático -ya aos prefixos persoais de referencia cruzada. Cited in Bhat, D.N.S. 2004. Pronouns. Oxford: Oxford University Press. p. 25
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía
Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Pobo baré