A lingua yanesha' (yaneshac̈h/yanešač̣; literalmente 'nós as persoas'), tamén chamada amuesha ou amoesha, é unha lingua da familia arauacas falada polo pobo yanesha' do Perú, no centro e leste do departamento de Pasco. O yanesha' está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Por mor da influencia e dominación do Imperio Inca, o yanesha' ten moitos préstamos do quechua, incluíndo algún vocabulario básico. O yanesha' tamén puido estar influenciado polo sistema vocálico do quechua, polo que, hoxe en día, ten un sistema de tres vogais no canto dun de catro vogais que é típico das linguas arauacas relacionadas. Tamén ten algúns préstamos das linguas campa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú Categoría:Pobo yanesha'