A lingua iñapari é unha lingua arauaca falada no Perú, e outrora tamén en Bolivia. É falada por só catro persoas (1999) no Perú que viven a carón do río Las Piedras, preto da desenbocadura do río Sabaluyoq. Os catro falantes restantes son bilingües en castelán e ningún dos seus fillos e netos fala a lingua, o que probablemente levará á súa extinción unha vez que morran eles. A lingua iñapari conta cun dicionario publicado. O iñapari está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Bolivia Categoría:Linguas do Perú