A lingua caquinte ou poyenisati é unha lingua da familia arauaca falada no Perú. Fálase ao longo dos ríos Poyeni, Mayapo, Picha, Yori, e Agueni, con algúns falantes nos ríos Sensa e Vitiricaya, en Junín, Perú.Fabián Montoya Terrones (2002). Naciones amazónicas. Editorial San Marcos. É unha lingua ameazada de desaparecer.Lyle Campbell; Verónica Grondona (27 de xaneiro de 2012). The Indigenous Languages of South America: A Comprehensive Guide. Walter de Gruyter. pp. 214–. . O caquinte está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas arauacas Ligazóns externas ELAR collection: An Audiovisual Corpus of Caquinte (Arawak) depositado por Zachary O'Hagan

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú