A caída de Constantinopla (en , Halōsis tēs Kōnstantinoupoleōs; en ) ou a conquista de Bizancio, polos turcos otománs o 29 de maio de 1453 foi un acontecemento histórico que, segundo a periodización clásica, marca a fin da Idade Media en Europa e a fin do derradeiro vestixio do Imperio Bizantino e da cultura clásica.
Xusto antes da conquista turca, Constantinopla era unha capital sen país: o Imperio Bizantino (Imperio Romano de Oriente), que outrora se estendía dende Persia até os Alpes, e tamén polos desertos de Asia, quedara reducido ó interior das murallas da cidade, arrodeada pola forza da nova nación turca. Constantino XI, derradeiro emperador de Bizancio, intuíu o perigo de que Constantinopla, cidade de cultura europea milenaria, caese por mor da supremacía militar dos otománs. Mehmed II, sultán dos turcos, conquistou a cidade, o cal supuxo a fin do antigo imperio bizantino e o comezo da preseza turca en Europa Oriental.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia de Istanbul Bibliografía Babinger, Franz (1992): Mehmed the Conqueror and His Time. Princeton University Press. Crowley, Roger (2005): 1453: The Holy War for Constantinople and the Clash of Islam and the West. Hyperion. Fletcher, Richard A.: The Cross and the Crescent (2005) Penguin Group Harris, Jonathan (2007): Constantinople: Capital of Byzantium. Hambledon/Continuum. Harris, Jonathan (2010): The End of Byzantium. Yale University Press. Melville Jones, John, The Siege of Constantinople 1453: Seven Contemporary Accounts, Amsterdam 1972
Philippides, Marios e Walter K. Hanak, The Siege and the Fall of Constantinople in 1453, Ashgate, Farnham and Burlington 2011. Smith, Michael Llewellyn, "The Fall of Constantinople", in History Makers magazine No. 5 (Londres, Marshall Cavendish, Sidgwick & Jackson, 1969) p. 192 Wheatcroft, Andrew (2003): The Infidels: The Conflict Between Christendom and Islam, 638–2002. Viking Publishing Wintle, Justin (2003): The Rough Guide History of Islam. Rough Guides.
Categoría:Imperio Otomán Categoría:Imperio Bizantino Categoría:1453 Categoría:Batallas do século XV