Ramón Villares Vázquez, nado cara a 1880 e finado en Foz o 21 de abril de 1959, foi un militar e político galego.
Traxectoria Carabineiro, foi destinado á comandancia de Ribadeo en 1912.El Regional, 1-10-1912, p. 2. Sarxento da comandancia de Lugo, foi promobido a suboficial en 1929.El Correo Gallego, 25-9-1929, p. 2. Alférez de Carabineiros destinado forzoso en Ribadeo, residía en Foz en decembro de 1931 cando o destinaron á sección de Colonia de Campos en Baleares.Las Riberas del Eo, 12-12-1931, p. 8. Despois pasou á Comandancia de Sevilla e participou na Sanjurjada.La absorción del cuerpo de Carabineros (XLV) Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Foz. Cesou no cargo en outubro. Foi nomeado delegado militar de Foz en abril de 1939,El Pueblo Gallego, 8-4-1939, p. 7. e fiscal de Foz en agosto dese ano.El Correo Gallego, 2-8-1939, p. 3. Nos anos corenta foi patrón maior da Cofraría de Foz. Finou en Foz o 21 de abril de 1959 con 78 anos.Necrolóxica en El Progreso, 22-4-1959, p. 5.El Progreso, 24-4-1959, p. 5.
Recoñecementos
Cabaleiro da Real Orde de San Hermenexildo. Vida persoal
Casou con Carolina Piñeiro Valcárcel e foi pai de Rita, Marina, María, Carolina, José e Lucía Villares Piñeiro. Notas
Categoría:Alcaldes de Foz Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes