Puffin Rock é unha serie de animación irlandesa que se emitiu orixinalmente a través de RTÉjr. Narrada por Chris O'Dowd, a serie estreouse o 12 de xaneiro de 2015 e está coproducida pola compañía irlandesa Cartoon Saloon, a británica Dog Ears e a estadounidense Penguin Random House.
Emitiuse orixinalmente en RTÉjr en Irlanda, Nick Jr., Nick Jr. Too e Milkshake! no Reino Unido, Nick Jr. en Italia, ABC Kids en Australia, ERT2 en Grecia e Netflix en Irlanda, os Estados Unidos, o Canadá, América Latina, España, os países da Benelux, o Reino Unido, Polonia, Francia, Dinamarca e Alemaña.
Sinopse Ambientada na illa Puffin, fronte á costa irlandesa, a serie segue a unha arao papagaio chamada Oona e o seu irmán máis novo Baba mentres exploran o seu mundo.
Notas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2016 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Irlanda Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América