Àgueda Micó i Micó, nada en L'Olleria o 11 de outubro de 1978, é unha política valenciana, secretaria xeral de Més-Compromís (antes, Bloc Nacionalista Valencià) e deputada da XV lexislatura das Cortes Xerais por Valencia polo partido Compromís, dentro da coalición Sumar, da cal é voceira adxunta.Àgueda Micó y Rafa Carbonell: "Este congreso ha servido para fortalecer el Blog" entrevista ao Ara do 23 de maio de 2016
Traxectoria Os seus inicios políticos atópanse no eido local, sendo concelleira na súa localidade (2003-2015).Àgueda Micó: “Mejorar la sociedad no es una cuestión de banderas o de lengua” entrevista do 14 de abril de 2016 en La Vanguardia "El Bloc ya está en Champions League y el objetivo es ser la fuerza hegemónica del País Valenciano" entrevista en Valenciaplaza do 15 de maio de 2016 Malia formar parte dos sectores críticos coa xestión do secretario xeral Enric Morera, Àgueda Micó accedeu á executiva do Bloc como secretaria de Organización en 2012. Dende entón, participou nas negociacións do Pacto do Botánico, e nas negociacións para un posible acordo de goberno na XI lexislatura española.Morera, Marzà y Ferri avalan a Micó como lideresa del Blog nova do 11 de marzo de 2016
No VII Congreso do Bloc, presentouse como candidata a secretaria xeral co apoio de Enric Morera i Català,Àgueda Micó se marca como meta hacer de Compromiso la primera fuerza de la Comunidad nova en Levante-EMV do 10 de marzo de 2016 sendo elixida finalmente, nunha coordinadora onde integrou ao posible candidato alternativo Rafel Carbonell, e que recibiu o 87 % dos votos.
En 2021 revalidou o mandato no marco do congreso de refundación do Bloc que pasou a denominarse Més-Compromís. Este congreso (o VIII do antigo Bloc) supuxo unha reformulación cara a posicións menos nacionalistas recibindo a contestación interna encabezada por Alexandre Ruiz que disputou a dirección do novo partido. Micó gañou o congreso co 61,7 % dos votos.
En xuño de 2023 anunciouse que sería a cabeza de lista de Compromís-Sumar pola provincia de Valencia, de cara ás eleccións ao congreso dos deputados do 23 de xullo de 2023. Tras os comicios, foi elixida deputada e designada voceira adxunta do Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar.
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Nados na provincia de Valencia