Percy LeBaron Spencer, nado en Howland (Maine) o 9 de xullo de 1894 e falecido en Newton (Massachusetts) o 8 de setembro de 1970, foi un enxeñeiro e inventor estadounidense. É coñecido por ser o inventor do forno de microondas.

Traxectoria Percy Spencer naceu en Howland no estado de Maine. O seu pai morreu en 1897, e a súa nai deixouno pouco tempo despois baixo o coidado da súa tía e o seu tío. Nunca se graduou da escola primaria, pero púxose a traballar nun muíño como aprendiz aos doce anos, iñantes de alistarse á Mariña dos EE. UU. en 1912 para aprender telegrafía. Incorporouse á compañía Raytheon na década de 1920.

En 1941, Raytheon producía dezasete magnetróns por día, que servían para xerar os sinais de radio de microondas, que son o mecanismo principal do radar. Mentres traballaba alí, Spencer desenvolveu un método de fabricación máis eficiente. As súas melloras contribuíron a aumentar a produción do magnetrón a 2.600 exemplares por día. Polo seu traballo foi galardoado co premio ao Servizo Público Distinguido pola Mariña dos EE. UU..

En 1945, estando parado perante un magnetrón en funcionamento, unha barra de chocolate fundíuselle no peto. Deseguido, probou con flocos de millo (seguramente subindo a potencia e a posición da irradiación). Cando puxo un ovo cru estoupou na faciana dun colega. O desenvolvemento do forno de microondas xurdiu a partir destas observacións, e en 1947 Raytheon vendeu un primeiro forno comercial, que era aínda xigante (de case dous metros), pesaba máis de trescentos quilos e custaba cinco mil dólares. Tardou até o 25 de outubro de 1966 cando saíu o primeiro modelo doméstico.

Aconteceu vicepresidente e un membro de alto rango do Consello de Administración de Raytheon. Documentou 300 patentes durante a súa carreira na empresa; púxoselle o seu nome nun edificio.El chocolate derretido del ingeniero. Ebiz.pe.

Spencer casou coa súa esposa Louise e tivo tres fillos: James, John e George.

Notas

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1970