Amalia Carvia Bernal nada en Cádiz o 12 de maio de 1861 e finada en Valencia o 7 de marzo de 1949, foi unha escritora, xornalista, mestra laica e masona española considerada xunto a súa irmá Ana Carvia Bernal, pioneira do sufraxismo en España.
Traxectoria Criouse no seo dunha familia humilde no barrio de Hércules de Cádiz. Foi a filla máis vella do matrimonio formado por Manuel Carvia Carneiro, orixinario de Galicia e a onubense Ana Bernal Ramos. O seu pai foi un servente ou peón do Hospital Real. En 1875, o matrimonio xunto as fillas Amalia e Ana e o fillo Manuel, trasladáronse a vivir a casa-portaría da facultade.
Amalia Carvia fixo estudos de primaria e despois tomou clases de pintura, polo que se consideraba pintora, e a súa irmá rematou con boas notas o Bacharelato. O irmán Manuel comezou estudos de Medicina e cando levaba catro anos na universidade, en1887, foi iniciado nos ritos masónicos da loxa Regeneración. Pouco despois, achegóu ás súas irmás á masonaría converténdose nas primeiras mulleras da dita loxa gaditana, xunto Dolores Guillón e Juana Varo, que se iniciaron o mesmo día do mes de maio de 1887. A formación de Amalia Carvia realizóuse no Círculo librepensador Rafael Guillén Martínez, lugar no que leu as súas primeiras obras e poemas. Ela considerábase a filla espiritual de Fermín Salvochea.
Desde 1877 exerceu de mestra racionalista de escolas para nenas nas cidades de Córdoba e Huelva. Trasladouse en 1891 a Huelva onde puxo en marcha a Unión Feminina (1898) para darlle pulo a creación das escolas laicas nesa provincia, convencida da súa importancia para rematar coa desigualdade das mulleres e os prexuízos contra elas, xurdidos da ignoracia e o fanatismo relixioso.
No semanario Las Dominicales del Librepensamiento publicou artigos con observacións precisas sobre a súa idea do valor da masonaría vinculado a emancipación das mulleres. Estas ideas quedaron recollidas no periódico, no que salientaron algúnhas das reflexións de Carvia mostrando unha toma de conciencia dunha parte da masonaría. Esta institución, sería o lugar onde as mulleres, debían buscar amparo e axuda para acadar as súas lexítimas pretensións de liberdade, fraternidade e igualdade, xa que eses valores son defendidos pola masonaría.
Fundou en 1895 a loxa gaditana Hijas de la Regeneración, da man de Ana Carvia, Jacinta Navarro e Belén de Sárraga.Tamén en Cádiz fundou a agrupación de mulleres Concepción Arenal en 1897 que xunto coa Unión Feminina de Huelva, adscribíronse á Asociación Xeral Feminina.
No ano 1900 trasladouse coa súa irmá a Valencia, despois da morte da súa nai. Alí traballou de mestra laica ademais de seguir escribindo en numerosas revistas e diarios. Colaborou na Sociedade Progresiva Feminina, que reclamara o dereito ao voto feminino na mensaxe A los demócratas españoles, asinado por ela e outras mulleres pioneiras do sufraxismo en España.
Na primavera de 1918, as dúas irmás xunto a Ángeles López de Ayala fundaron a Liga Española para o Progreso da Muller, a primeira organizacion feminista de ámbito estatal, da que foi a secretaria.A súa pretensión era coordinar a diversos grupos feministas de Barcelona, Madrid, Andalucía e Galicia, e no seu manifesto fundacional enviaron ao Parlamento a petición do voto feminino. Nese contexto, estaba a revista feminista Redención, fundada en 1915 pola súa irmá Ana (que firmaba Ana C. Bernal para resaltar a filiación materna), onde fixo campaña polo sufraxio universal a partir de 1918, con escritos nos que reclamaba o voto para as mulleres e apelándoas a "despoxarse da súa rutineira indiferenza coa cousa pública" e unirse a tódalas mulleres do mundo.
Pode ser considerada, xunto á súa irmá das primeiras sufraxistas do país.
Foi redactora da revista A Conciencia Libre, fundada en 1896 por Belén de Sárragae tamén redactora de El Pueblo.
O seu biógrafo Manuel Almisas recolleu máis de 450 artigos seus.
Sempre defensora e loitadora pola igualdade das mulleres, escribeu en 1909:As mulleres non queremos nin pedestales nin cadeas: xustiza e máis nada. Que se nos conceda a liberdade de acción necesaria para desenvolver as nosas facultades de seres pensantes; que se nos dé a instrución conveniente para poder adquirir a conciencia da nosa misión, como parte integrante da humanidade. Queremos ter o noso «eu».Tras finalizar a guerra civil, en setembro de 1939, Carvia foi detida por pertencer á Directiva provincial da liga dos Dereitos do Home. O proceso durou varios anos nos que Carvia estivo en arresto domiciliario. Posteriormente foi xulgada por masona, inhabilitándoa para cargos públicos.
Faleceu en Valencia o 7 de marzo de 1949.
Premios e recoñecementos En febreiro de 1934, o Goberno da Segunda República concedeulle a Cruz de Cabaleiro da recentemente creada Orde da República, sendo a única muller da unha ducia de veteranos republicanos aos que se outorgou devandito recoñecemento.
En 2020, con motivo do centenario do movemento sugraxista español, colectivos feministas gaditanos fixeron unha homenaxe as irmás Carvia Bernal e un percorrido histórico polas rúas da cidade.
Desde marzo de 2022 no concello de Chiclana hai unha rúa en honra a Amalia Carvia Bernal, inaugurada con motivo do Día Internacional das Mulleres.
O concello de Cádiz cambiou en 2022 o nome á antigamente denominada como Alameda Marqués de Comillas, que pasou a chamarse Alameda Hermanas Carvia, en honra de Amalia Carvia Bernal e a súa irmá Ana.
Notas
Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Finados en 1949 Categoría:Profesores de España Categoría:Xornalistas de Andalucía Categoría:Masóns de España