Mary Wollstonecraft, nada en Spitalfields, Londres o 27 de abril de 1759 e finada o 10 de setembro de 1797, foi unha filósofa, escritora inglesa e defensora dos dereitos das mulleres. Durante a súa breve carreira, escribiu novelas, tratados, unha narración de viaxe, unha historia da Revolución Francesa, un manual de conduta e un libro para a mocidade. Wollstonecraft é coñecida por Vindicación dos dereitos da muller (1792), onde argumenta que as mulleres non son naturalmente inferiores aos varóns, mais semellan selo porque non reciben a mesma educación. Ela suxire que tanto varóns coma mulleres deben ser tratados como seres racionais e imaxina unha orde social fundada pola razón. Con esta obra estableceu as bases do feminismo moderno e converteuna nunha das mulleres máis populares de Europa da época.

Ata finais do século XX, a vida de Wollstonecraft, que abranguía varías relacións persoais non convencionais, recibía máis atención que a súa obra. Despois de dous malos asuntos con Henry Fuseli e Gilbert Imlay (con quen tivo unha filla, Fanny Imlay), casou co filósofo William Godwin, un dos devanceiros do movemento anarquista. Wollstonecraft finou á idade de 38 anos, once días despois de dar a luz a súa segunda filla, ficando atrás varios manuscritos inacabados. Esta filla, Mary Wollstoncraft Godwin, converteuse nunha consumada escritora, como Mary Shelley, a autora de Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Despois da morte de Wollstonecraft, o seu viúvo publicou Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller, 1798), revelando o seu estilo de vida pouco ortodoxo, que inadvertidamente destruíu a súa reputación durante case un século. Porén, co movemento feminista de comezos do século XX, a defensa de Wollstonecraft da igualdade das mulleres e as críticas á feminidade convencional fixéronse cada vez máis importantes. Na actualidade, Wollstonecraft é considerada unha das filósofas feministas fundadoras, e as feministas adoito citan tanto a súa vida coma o seu traballo como grandes influencias.

Traxectoria

Primeiros anos Wollstonecraft naceu o 27 de abril de 1759 en Spitalfields, Londres. Foi a segunda de sete fillos de Elizabeth Dixon e Edward John Wollstonecraft. Aínda que a súa familia tiña uns ingresos aceptables cando ela era pequena, o seu pai malgastounos en proxectos especulativos. En consecuencia, a familia volveuse financeiramente inestable e con frecuencia víronse obrigados a se mudar durante a mocidade de Wollstonecraft.Tomalin, 9, 17, 24, 27; Sunstein, 11. Esta situación económica fíxose tan grave que o pai de Mary tivo que gastar unha herdanza que ela doutro xeito recibiría na súa madurez. Amais, semella que era un varón violento que pegaba a súa esposa cando estaba bébedo. Na súa adolescencia, Wollstonecraft adoitaba ficar fóra da porta do dormitorio da súa nai para a protexer.Todd, 11; Tomalin, 19; Wardle, 6; Sunstein, 16. Dun xeito semellante, exerceu un papel protector coas súas irmás, Everina e Eliza, ao longo da súa vida. Por exemplo, nun momento concreto de 1784, convenceu a Eliza, que sufría do que probablemente foi unha depresión posparto, para deixar o seu marido e bebé; Wollstonecraft arranxou todo para que puidera fuxir, demostrando así o seu desexo de desafiar as normas sociais. O prezo que tivo que pagar, porén, foi elevado: a súa irmá sufriu dun rexeitamento social e, debido a que non podía volver casar, foi condenada a unha vida de pobreza e traballo duro.Todd, 45–57; Tomalin, 34–43; Wardle, 27–30; Sunstein, 80–91.

Dúas amizades marcaron a mocidade de Wollstonecraft. A primeira foi a de Jane Arden en Beverley. Ambas as dúas lían adoito libros xuntas e asistían ás clases impartidas polo pai de Arden, un filósofo e científico autodidacta. Wollstonecraft gozou o ambiente intelectual da familia Arden e valorou a súa amizade con Jane enormemente, ás veces ata o punto de ser emocionalmente posesiva. Wollstonecraft escribiulle: «Formáronse en min certas nocións románticas de amizade [...] Son un pouco peculiar nas miñas concepcións de amor e amizade; debo ter o primeiro lugar ou ningún».Citado en Todd, 16. Nalgunhas cartas de Wollstonecraft a Arden revélanse as emocións volátiles e depresivas que a atormentaron ao longo da súa vida.Véxase, por exemplo, Todd, 72–75; Tomalin, 18–21; Sunstein, 22–33.

A segunda, e posiblemente a amizade máis importante, foi a de Fanny (Frances) Blood, quen lle fora presentada polos Clares, unha parella de Hoxton que se convertera nunha figura paterna para ela; Wollstonecraft outorgáballe o mérito de abrirlle a mente. Infeliz coa súa vida na casa, Wollstonecraft comezou unha nova ela soa en 1778 e aceptou un traballo como dama de compañía de Sarah Dawson, unha viúva que vivía en Bath. Porén, Wollstonecraft tivo problemas para se levar ben coa muller irascible (unha experiencia que debuxou ao describir os inconvenientes de tal posición en Thoughts of the Education of Daughters, 1787). En 1780 tornou á casa, chamada para coidar da súa nai que estaba a piques de morrer. En troques de volver traballar con Dawson tras a morte da súa nai, Wollstonecraft mudouse cos Blood. Decatouse durante os dous anos que pasou coa familia que idealizara a Blood, quen estaba máis de parte dos valores tradicionalmente considerados femininos coa Wollstonecraft. Mais ela ficou dedicada a ela e á súa familia ao longo da súa vida (por exemplo, axudou de xeito pecuniario o irmán de Blood).Wardle, 20; Sunstein, 73–76.

Wollstonecraft imaxinara vivir nunha utopía feminina con Blood; fixeron plans para alugar habitacións xuntas e apoiarse mutuamente emocional e financeiramente, pero este soño derrubouse baixo as realidades económicas. Para gañar a vida, Wollstonecraft, as súas irmáns e Blood estableceron xuntas unha escola en Newington Green, unha comunidade disidente. Blood axiña se comprometeu e despois de casar o seu marido levouna a Lisboa, Portugal, para mellorar a súa saúde, a cal sempre fora moi feble.Todd, 62; Wardle, 30–32; Sunstein, 92–102. A pesar do cambio de contorna, a saúde de Blood deteriorouse inda máis cando quedou embarazada, e en 1785 Wollstonecraft deixou a escola e seguiu a Blood para a coidar, mais non serviu.Todd, 68–69; Tomalin, 52ff; Wardle, 43–45; Sunstein, 103–106. Por outra banda, o seu abandono da escola levou ao seu fracaso.Tomalin, 54–57. A morte de Blood devastou a Wollstonecraft e foi parte da inspiración para a súa primeira novela, Mary: A Fiction (1788).Ver Wardle, capítulo 2, para elementos autobiográficos de Mary; ver Sunstein, capítulo 7.

«A primeira dun novo xénero» miniatura|esquerda|alt=Engraving showing a female teacher holding her arms up in the shape of a cross. There is one female child on each side of her, both gazing up at her.|Frontispicio da edición de 1791 de Original Stories from Real Life gravado por William Blake. miniatura|Mary Wollstonecraft en 1790–1, por John Opie.

Logo da morte de Blood, os amigos de Wollstonecraft axudárona a obter a posición de institutriz das fillas da familia Kingsborough en Irlanda. Aínda que non puido levarse ben con lady Kingsborough,Ver, por exemplo, Todd, 106–07; Tomalin, 66; 79–80; Sunstein, 127–28. para os nenos foi unha instrutora estimulante; Margaret King dixo posteriormente que ela «liberara a súa mente de toda superstición».Todd, 116. Algunha das experiencias de Wollstonecraft durante aqueles anos veríanse reflectidas no seu único libro infantil, Original Stories from Real Life (1788).Tomalin, 64–88; Wardle, 60ff; Sunstein, 160–61.

Frustada polas limitadas opcións laborais das que dispoñían as mulleres respectables mais con poucos recursos económicos —unha barreira que Wollstonecraft describe elocuentemente no capítulo Thoughts on the Education of Daughters (Reflexións sobre a educación das fillas) titulado «Unfortunate Situation of Females, Fashionably Educated, and Left Without a Fortune», cuxa posible tradución sería «Desafortunada situación das mulleres modernamente educadas que quedaron sen fortuna»— decidiu, despois de só un ano como institutriz, emprender unha carreira como autora. Esta foi unha decisión radical, pois, naqueles tempos, poucas mulleres podían sobrevivir como escritoras. Cando escribiu á súa irmá Everina en 1787, ela trataba de se converter en «a primeira dun novo xénero».Wollstonecraft, The Collected Letters, 139; ver tamén Sunstein, 154. Mudouse a Londres e, axudada polo editor liberal Joseph Johnson, atopou un lugar onde vivir e un traballo que a mantivese.Todd, 123; Tomalin, 91–92; Wardle, 80–82; Sunstein, 151–55. Aprendeu francés e alemán e traduciu textos,Todd, 134–35. entre os que salientan Of the Importance of Religious Opinions de Jacques Necker e Elements of Morality, for the Use of Children de Christian Gotthilf Salzmann. Tamén escribiu recensións, principalmente de novelas, para o xornal de Jonhson, Analytical Review. O universo intelectual de Wollstonecraft estendeuse durante esa época, non só pola lectura que levaba a cabo para as súas recensións, senón tamén polas compañías que frecuentaba: asistiu ás renomeadas ceas de Johnson e coñeceu intelectuais coma o panfletista radical Thomas Paine e o filósofo William Godwin. A primeira vez que Wollstonecraft e Godwin se coñeceron, ambos os dous estaban decepcionados co outro. Godwin viñera para oír a Paine, mais Wollstonecraft atacouno esa noite, discrepando con el en case todos os temas. O propio Johnson, con todo, converteuse en moito máis ca un amigo; ela describiuno nas súas cartas coma un pai e un irmán.Tomalin, 89–109; Wardle, 92–94; 128; Sunstein, 171–75.

En Londres, Wollstonecraft buscou unha relación co artista Henry Fuseli, a pesar de que xa estaba casado. Ela estaba, escribiu, encantada polo seu xenio, «a grandeza da súa alma, esa rapidez de comprensión e simpatía encantadora».Quoted in Todd, 153. Ela propuxo un acordo platónico de vida con Fuseli a maila a súa esposa, pero a dona de Fuseli estaba horrorizada e rompeu a relación con Wollstonecraft.Todd, 197–98; Tomalin 151–52; Wardle, 171–73; 76–77; Sunstein, 220–22. Despois do rexeitamento de Fuseli, Wollstonecraft decidiu viaxar a Francia para fuxir da humillación do incidente e participar nos eventos revolucionarios que acababa de celebrar na recente Vindication of the Rights of Men (1790). Escribira Vindication of the Rights of Men en resposta á crítica conservativa de Edmund Burke da Revolución Francesa en Reflections on the Revolution in France (1790), o cal provocou que se volvese famosa da noite para a mañá. Foi comparada con figuras coma o teólogo e polémico Joseph Priestley e Paine, cuxo Rights of Man (1791) demostraría ser a máis popular das respostas dirixidas a Burke. As ideas que bosquexara en Rights of Men foron consolidadas en Vindicación dos dereitos da muller (1792), a súa obra máis famosa e influente.Tomalin, 144–55; Wardle, 115ff; Sunstein, 192–202.

Francia e Gilbert Imlay miniatura|dereita|alt=Smoke is billowing throughout the top two-thirds of the picture, dead guards are scattered in the foreground, and a battle, with hand-to-hand combat and one horse is taking place in the bottom right.|O ataque do 10 de agosto no palacio das Tullerías; a violencia revolucionaria francesa espállase.