Barfi! (en ) é un filme indio de 2012 escrito e dirixido por Anurag Basu, editado por Akiv Ali e apoiado por UTV Motion Pictures. Está protagonizado por Ranbir Kapoor, Priyanka Chopra e Ileana D'Cruz (no seu debut nun filme hindi) xunto con Saurabh Shukla, Ashish Vidyarthi, Jisshu Sengupta, Roopa Ganguly e Haradhan Bandopadhyay nos papeis secundarios. Ambientado en Darjeeling e Calcuta na década de 1970, céntrase na historia de Barfi (Kapoor), un home de Darjeeling, e a súa relación con dúas rapazas, a fermosa Shruti (D'Cruz) e a autista Jhilmil (Chopra).
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Ranbir Kapoor como Murphy Chhetri (a.k.a. Barfi) Priyanka Chopra como Jhilmil Chatterjee Ileana D'Cruz como Shruti Ghosh Sengupta Saurabh Shukla como Inspector Sudhanshu Dutta Ashish Vidyarthi como Durjoy Chatterjee (pai de Jhilmil) Saayoni Ghosh como Piyali (amiga de Shruti) Jisshu Sengupta como Ranjeet Sengupta (prometido de Shruti) Roopa Ganguly como Mrs. Ghosh (nai de Shruti) Uday Tikekar como Mr. Ghosh (pai de Shruti) Haradhan Bandopadhyay como Daju Arun Bali como Nanaji
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Anurag Basu Categoría:Filmes rodados en Ooty Categoría:Filmes rodados en Bombai Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes sobre autismo