Ryuichi Matsuda, nado o 8 de xullo de 1920 e finado o 19 de xuño de 1986, foi un entomólogo xaponés, coñecido por defender a síntese evolutiva ampliada.
Traxectoria Matsuda doutorouse en entomoloxía pola Universidade de Stanford. Entre 1968 e 1986, traballou no Instituto de Investigación en Biosistemas do Canadá. Escribiu diversos traballos sobre morfoloxía comparada de insectos, entre os que destaca o seu polémico Animal Evolution in Changing Environments (1987).
Cuñou o termo "panecoloxismo" para referirse á síntese evolutiva ampliada, que concibiu como unha fusión entre darwinismo e neolamarckismo. Sostivo que a heterocronía é o mecanismo fundamental do cambio evolutivo, e que unha innovación evolutiva pode producirse por asimilación xenética. As súas posturas foron criticadas por outros científicos, segundo os cales estaban baseadas en especulacións; porén, tamén recibiu comentarios positivos doutros entomólogos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Lamarckismo Categoría:Entomólogos do Xapón Categoría:Síntese evolutiva ampliada Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en 1920