Isabella Gonçalves Miranda, máis coñecida como Bella Gonçalves, nada en Belo Horizonte o 20 de novembro de 1988, é unha politicóloga e política brasileira. Foi concelleira da súa cidade natal polo Partido Socialismo e Liberdade (PSOL). Tamén ocupou o cargo de presidenta da sección municipal do PSOL e foi membro activo das Brigadas Populares en defensa do dereito á cidade. Foi a primeira concelleira abertamente lesbiana de Belo Horizonte. Foi elixida deputada estatal de Minas Xerais en 2022.

Acoso sexual En 2023, Gonçalves anunciou que fora agredida sexualmente polo sociólogo Boaventura de Sousa Santos mentres era estudante de doutoramento no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coímbra (CES), en Coímbra, Portugal.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Feministas do Brasil Categoría:Nados en Belo Horizonte