Devdas (en ) é un filme indio de 2002 dirixido por Sanjay Leela Bhansali e producido por Bharat Shah baixo o seu estudio, Mega Bollywood. Está protagonizado por Shah Rukh Khan, Aishwarya Rai e Madhuri Dixit, xunto con Jackie Shroff, Kirron Kher, Smita Jaykar e Vijayendra Ghatge. Baséase na novela homónima de 1917 de Sarat Chandra Chattopadhyay, e conta a historia de Devdas Mukherjee (Khan), un rico licenciado en Dereito que regresa de Londres para casar coa súa amiga da infancia, Parvati "Paro" (Rai). Porén, o rexeitamento do seu matrimonio pola súa propia familia provoca o seu descenso ao alcoholismo, o que finalmente levou á súa deterioración emocional e a que busque refuxio coa cortesá de corazón dourado Chandramukhi (Dixit).
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Shah Rukh Khan como Devdas Mukherjee Aishwarya Rai como Parvati "Paro" Chaudhary Madhuri Dixit como Chandramukhi Jackie Shroff como Chunnilal Kirron Kher como Sumitra Chakraborty Smita Jaykar como Kaushalya Mukherjee Manoj Joshi como Dwijdas Mukherjee Ananya Khare como Kumud Mukherjee Milind Gunaji como Kalibabu Dina Pathak como nai de Bhuvan Vijayendra Ghatge como Bhuvan Chaudhry Tiku Talsania como Dharamdas Jaya Bhattacharya como Manorama Sunil Rege como Neelkanth Chakraborty Vijay Crishna como Mr. Narayan Mukherjee Amardeep Jha como nai de Kalibabu Apara Mehta como Badi Aapa Muni Jha como Kaka Radhika Singh como Yashomati Disha Vakani como Sakhi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Sanjay Leela Bhansali Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes rodados en Rajasthan Categoría:Filmes rodados en Bombai Categoría:Filmes rodados en Maharashtra