Marx Lênin dos Santos Gonçalves, coñecido como Marx Lênin, nado no Río de Xaneiro o 11 de abril de 2000, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista ofensivo no Galícia, da Serie B do Campionato Baiano.
Traxectoria Debido ao seu infrecuente nome, unha mestura dos apelidos de Karl Marx e Vladimir Lenin, atraeu a atención pública dende que xogaba nas categorías inferiores do Flamengo. No Mengão compartiu equipo entre outros con Vinícius Júnior, pero sen oportunidades co primeiro equipo, foi traspasado ao Akron Toliatti de Rusia. En marzo de 2024, regresou ao Brasil para xogar no Amazonas FC, club no que militou ata xuño, cando fichou polo Galícia.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Galícia Esporte Clube