Xosé Vizoso Fernández, nado en Mondoñedo en 1950 e finado o 9 de febreiro de 2025 en Brión, foi un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos, ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.
En 2021 rodouse un documental producido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións sobre o papel de Vizoso en Sargadelos.
Traxectoria Vizoso comezou a se interesar na pintura e na escultura desde cativo.
Estudou bacharelato artístico, e grazas ao escultor valenciano Juan Puchades, outrora o seu profesor de debuxo, comeza a se dedicar ás artes. Desde aquela comezou a alternar a súa formación con traballos eventuais, coma o labor no obradoiro dos Lichos en San Lázaro ou a restauración da catedral de Mondoñedo entre 1966 e 1968. Xa no mesmo 1966 participara na ilustración dalgún libro.
A etapa na cerámica de Sargadelos miniatura|Lois Antón depositando flores no monumento promovido polo Colectivo Arraianos no Furriolo. Obra de Xosé Vizoso. Ano 2009. Vizoso foi, xunto con Xosé Díaz, un dos principais deseñadores de Sargadelos. Os primeiros contactos foron en 1968, cando Vizoso deu cun anuncio dunha oferta de traballo publicado no xornal lugués El Progreso. Desde entón comezou a traballar para a empresa cerámica, sendo mesmo a man dereita de Isaac Díaz Pardo, propietario da compañía.
A súa obra na empresa foi moi prolífica, con centos de carteis, cerámicas e ilustracións, caracterizadas por un estilo ligado ao rural galego, a súa cultura e as súas tradicións. Foi o autor do único tarot galego.
En 1990 trasladouse a Brión, onde residiu ata o seu falecemento.
Mural do Furriolo O mural concibido por Xosé Vizoso a petición de colectivo Arraianos para homenaxear ás vítimas do fascismo na bisbarra de Celanova, foi erguido no alto do Furriolo, no concello da Bola, en 2006. Este traballo ten dúas partes creativas: unha parte mural pintada con siluetas negras sobre fondo branco e trazos vermellos polo sangue derramado, en dirección leste; e outra parte escultural feita en ferro, e colocada en dirección oeste, ollando para Celanova. Está considerada como o Guernica galego, xunto coa obra de Castelao, A derradeira leición do mestre.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Grupo Sargadelos Juan Puchades Ligazóns externas Xosé Vizoso e Sargadelos, Arraianos Producións (2020).
Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2025