Gonzalo Rei Chao, nado na Estrada o 14 de febreiro de 1945 e finado en Ourense o 10 de febreiro de 2026, foi un actor galego de televisión, cinema, dobraxe e teatro.

Traxectoria Emigrado a Xenebra, onde coñeceu a Valente e tratou a Ferrín,foi libreiro en Santiago de Compostela.

En Suíza fixo teatro afeccionado na sociedade galega A nosa Xenebra. Comezouse a formar na Escola de Artes Escénicas da Estrada, da man de Roberto Vidal Bolaño. Comezou a súa carreira teatral en 1986, realizando varias accións de dobraxe. Durante uns anos neste eido, deu a súa voz a personaxes como o Mestre, de Érase unha vez... o home, como Don Gregorio en A lingua das bolboretas ou como Mestre Mutenroi en Dragon Ball Z Kai. Tamén fixo de narrador en Os mortos van á présa. No teatro participou en montaxes, coma o de Doentes, unha das obras fundamentais de Roberto Vidal Bolaño, e mais noutras montaxes dirixidas por Vidal Bolaño.

En 1989 comezou a súa actividade diante da televisión traballando na serie ¿Imos aló?

Posteriormente continuou como personaxe de diversas series ata que en 2008 encarnou a Xervasio na película Pradolongo. No mesmo ano, en 2008, substituíu a Tuto Vázquez na serie Padre Casares por enfermidade ata 2015. Nesta serie deulle vida ao vello cura Don Crisanto.

Filmografía

Como actor

Televisión

Mareas vivas (1998). Como Carlos. Terra de Miranda (2001). Como Amador. Libro de familia (2005). Valderrei (2007). Como Xaime. Padre Casares (2008). Como Don Crisanto .

Cine Tres veráns (1999). Como El Paja. A vida que che espera (2004). Como Rafael. Pradolongo (2008). Como Xervasio. Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011). Como Don Herminio. Somos xente honrada (2013). A praia dos afogados (2015). Como Antonio Sousa.

Vida persoal Nado nunha familia de sete irmáns, era irmán do profesor e pedagogo Manuel Anxo Rei Chao.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O soportal do audiovisual galego Consello da Cultura Galega.

Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1945 Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Finados en 2026 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Galegos de Suíza