Johan Otto Wedberg, nado en Estocolmo o 31 de marzo de 1826 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1912, foi un xurista e numismático sueco, xuíz do Tribunal Supremo de Suecia (1877-1892) e presidente da Sociedade Numismática Sueca (1903-1906).Westrin, Th. (1921). Páxina 972.

Traxectoria

Formación Wedberg iniciou os seus estudos superiores de Dereito en 1844 na Universidade de Uppsala. En 1846 superou o exame de habilitación para as oficinas de contabilidade pública e, finalmente, en 1848 superou as probas de acceso para a xudicatura.

Carreira xurídica Logo de traballar no Tribunal de Apelación de Svea e baixo a súa autoridade, foi nomeado presidente adxunto do Tribunal Supremo en 1861, asesor do Tribunal de Apelación en 1864 e secretario da Auditoría Xeral en 1867. Posteriormente foi membro da Oficina de Lexislación e do Comité de Nova Lexislación, e pasou a dirixir a Oficina de Lexislación en 1876. Tamén exerceu como xuíz o Tribunal Supremo entre 1877 e 1892."J. O. Wedberg  (1826 – 1912)". Riksarkivet.se

Numismático e erudito Paralelamente ao seu labor profesional, Wedberg foi un gran estudoso da numismática. Foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Sueca, entidade que presidiu entre 1903 e 1906."SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).Westrin, Th. (1921). Páxina 973. Tamén foi un asiduo colaborador durante os 15 primeiros números da revista desta sociedade, Numismatiska meddelanden, na que asinaba os seus artigos coas súas siglas, J.O.W."Kända samlingar – Wedberg, Johan Otto (1826-1912)". Falcoin.se Ademais, Wedberg foi conservador de moedas da Orde Masónica.

A súa colección de moedas e de medallas suecas estaba composta por máis de 4.000 exemplares e, logo do seu falecemento, foi vendida en varias poxas entre os anos 1912 e 1913 organizadas pola compañía Appelgren. Tamén foi moi destacable a súa biblioteca numismática.

En recoñecemento da súa erudición, foi nomeado membro honorario da Academia de Letras, Historia e Antigüidades en 1885, entidade á que o seu fillo, o xuíz Birger Wedberg, lle doou a súa correspondencia numismática en 1935.

Johan Otto Wedberg finou en Estocolmo o 10 de febreiro de 1912, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio de Lidingö.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Westrin, Th. (1921). "Wedberg, Johan Otto". En Nordisk familjebok. Vol. 31. Páxinas 972-973.

Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Presidentes da Sociedade Numismática Sueca Categoría:Xuristas de Suecia Categoría:Coleccionistas