A historia medieval de Galicia abarca a historia de Galicia na Idade Media. Século V A finais do século IV o Imperio Romano atravesaba unha crise política marcada pola división interna e as múltiples ameazas nas fronteiras. No 380 co Edicto de Tesalónica, o cristianismo converteuse na relixión principal do Imperio. Quince anos despois, no 395, dividiuse nos Imperios de Occidente e de Oriente. O de occidente facía fronteira co río Rin, fronteira natural entre o Imperio e os barbarii (bárbaros).

Provincia romana miniatura|180x180px|Extensión da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano de Occidente.|esquerdaA Gallaecia de finais do século IV e comezos do século V, rica en recursos marítimos e mineiros, especialmente auríferos, contaba cunha ampla rede viaria e unha administración que comprendía os diferentes pobos galaicos, brácaros e ástures entre outros.

Segundo fontes contemporáneas a extensión da provincia cara finais do século VI era das maiores do Imperio de Occidente, chegando a cidades como Cauca (Coca, Segovia), lugar de nacemento do emperador Teodosio I. Estendíase polo noroeste da Península Ibérica, dende as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur. Compoñíase administrativamente de catro conventos xurídicos con cadansúa capital, así o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga, que tamén exercía como capital da provincia), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este último o que foi integrado neste século, pois antes pertencera á Tarraconense.

Invasións bárbaras

O 31 de decembro de 406, a falta de militarización do Imperio de Occidente e a conxelación do Rin, numerosos pobos xermánicos atravesaron o río e comezaron unha migración devastadora polas ricas e cálidas terras romanas.

Estes pobos, non estaban comandados por un único líder, sendo unha confederación entre diferentes pobos con diferentes dirixentes. Entre eles: os alanos, os vándalos silingos e asdingos e os suevos. Entre 407 e 409 saquearon a Galia ata que atravesaron os Pireneos rumbo á Península Ibérica. Unha vez en territorio ibérico, esta confederación, aproveitou a guerra civil que enfrontaba a Máximo, Constante II e Honorio polo control do Imperio, para asentarse na Península.

Os alanos tomaron a Lusitania e a Cartaxinense, os vándalos silingos a Bética e os vándalos asdingos a Gallaecia oriental e os suevos, liderados por Hermerico, a Gallaecia occidental. Un acordo (foedus) entres as autoridades romanas e Hermerico, concedeu aos suevos a administración da provincia baixo a obediencia ao emperador. Hermerico asentou o seu trono na cidade de Bracara Augusta, capital da provincia, e fundou o regnum suevorum que co tempo acabaría por ser coñecido como galliciense regnum.

O ascenso dos suevos, e a permisión por parte das autoridades romanas, motivou unha sensación de abandono nos cidadáns galaicorromanos. Para Hidacio, bispo de Chaves, o ascenso dos suevos era unha humillación e representaba o triunfo do paganismo fronte a civilización. Moitos castros foron reocupados debido a inseguridade da sociedade. Este enfrontamento social perdurou ata pasado o século.

Reino Suevo

miniatura|Mapa do Imperio de Occidente no ano 413, mostrando ocupación sueva, alana e vándala. Hermerico, xunto a inestabilidade interna, tiña unha forte rivalidade externa co resto dos reis xermánicos. Hidacio, comentou no seu Chronicon que os alanos mantiñan unha certa hexemonía sobre os vándalos e os suevos, que rematou coa morte do rei Ataces no 418 a mans de visigodos mandados por Roma. A morte de Ataces e o conseguinte asentamento dos visigodos en Aquitania, xerou un novo marco diplomático para os suevos que rapidamente causou enfrontamentos cos veciños vándalos.

Guerra cos vándalos

A hexemonía sobre Gallaecia veuse disputada entre Hermerico e Gunderico, rei dos vándalos, ao entrar en guerra. Esta guerra culminou na batalla dos Montes Nervasos no 419, inicialmente os vándalos acurralaron as forzas suevas, pero finalmente foron auxiliados polas autoridades romanas preocupadas pola posible vitoria vándala. Gunderico foi derrotado e forzado a abandonar a provincia e asentáronse na Bética e na Cartaxinense. Non sería ata o ano 429 que o sucesor de Gunderico, Xenserico, decidiu cruzar o estreito e asentarse na Mauretania.

Expansión

Entre 429 e 456 emprenderon expedicións de saqueo fóra; coa derrota no río Órbigo, pasaron á área de influencia dos visigodos (chegados á Península co obxectivo pactado con Roma de contelos), á que se incorporan definitivamente no 585.

Convertéronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, aínda que non moito despois tornarían ao arianismo ao entraren na órbita visigótica, para volveren por fin á ortodoxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dumio.

Século VI miniatura|250px|Interpretación do suroeste europeo entre os anos 550 - 600 onde se reflicten tres diferentes territorios, Gallaecia, gobernada polos reis suevos, e Hispania e Septimania gobernadas polos reis visigodos.A mediados do século VI, as fontes histórico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento político-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura política e eclesiástica toma forma e propicia o establecemento de núcleos administrativos tales como sedes eclesiásticas, ao que se lles adxudican un número de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia é o compromiso real na tarefa de organización plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa.

Entre toda a documentación do período suevo, sobresae sen dúbida a coñecida como Parrochiale suevorum, redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensión territorial do goberno suevo así como a estrutura administrativa interna do reino.

Martiño de Dumio, orixinario da Pannonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parochiale suevorum (572-582).

Século VII

Reino Visigodo

Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.

Século VIII

Invasión musulmá da Península Ibérica

Reconquista cristiá de Galicia

Invasión de Hixam I

Século IX

Invasión de Al-Hakam I

Descuberta do sepulcro de Santiago

Invasión de Abd al-Rahman II

Incursión viquinga

Conquista de Portucale

Século X

Segunda incursión viquinga

Invasión de Almanzor

Século XI

Terceira invasión viquinga

Reinado de García II

Rebelión de Rodrigo Ovéquiz

Raimundo e Urraca

Século XII

Era Compostelá

Urraca emperatriz

Consagración de Afonso VII

Batalla de Viadangos

Goberno en conxunto

Reino de Portugal

Século XIII

Fin da monarquía galego-leonesa

Proceso urbanizador

De comezos do século XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores a través dun " villicus "; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.

A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co Camiño Francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).

Á beira das catedrais e dos seus cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).

Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, dende 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior (" Adelantado Mayor de Galicia ", ligado á casa de Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.

Século XIV

Peste Negra

Proclamación de Xoán de Gante miniatura|Xoán de Gante

Entrega das chaves de Compostela

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(2ª edición)

Outros artigos Historiografía do Reino medieval de Galicia Literatura galego-portuguesa Formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval

Categoría:Historia medieval de Galicia