César Fernando Meleiro Fernández, nado en Ribadavia en 1899 e finado en Ourense o 8 de xullo de 1963, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do rexistrador Darío Meleiro Tejada e de Eugenia Fernández Román. Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova.Noticiero de Vigo, 29-7-1913, p. 1. Licenciado en Dereito. Presidiu a Sociedad Cultural Curros Enríquez de Celanova en 1927.Vida Gallega, 10-1-1927, p. 24. Colaborou en Galicia. Abriu bufete en Ourense en 1934. Fundador e xefe provincial de Falange de Ourense dende 1934, despois foi conselleiro nacional e xefe territorial de Falange de Galicia.Alborada, 25-12-1935, p. 6. Fuxiu a Portugal para evitar a detención polas redadas ordenadas polo goberno contra Falange. Por ese motivo foi destituído como xefe territorial de Galicia por Manuel Hedilla, substituto de José Antonio, cando percorreu Galicia en xullo de 1936 para reorganizar os mandos falanxistas, e substituído por Mario González Zaera.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi combatente. Foi nomeado xefe provincial de Falange de Ourense a finais de 1936.El Ideal Gallego, 5-1-1937, p. 2. Delegado provincial de Justicia y Derecho a principios dos anos corenta,La Región, 25-1-1940, p. 3. foi concelleiro, primeiro tenente-alcalde de Ourense e deputado provincial, ademais de inspector provincial de Falange.La Región, 7-6-1950, p. 3. Nomeárono delegado provincial do Ministerio de Vivenda en Ourense en 1957.La Región, 23-11-1957, p. 6. Finou en Ourense o 8 de xullo de 1963.Necrolóxicas en La Región, 8-7-1963, p. 9, 10 e 14.

Obra

Anecdotario de la Falange de Orense, 1957.

Recoñecementos

Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.La Región, 30-10-1952, p. 4. Vida persoal

Casou en Ourense con Elena Muñiz Guerra, filla de Olegario Muñiz Álvarez, en 1938.La Región, 31-5-1938, p. 4. Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1962