esquerda|miniatura|A Stoá Basileos ocupa o lugar sinalado co n. 17 neste plano da ágora de Atenas. A Stoá Basileos ou Stoá real (en Basíleios stoá) foi unha stoá construída no -500 na ágora de Atenas. É un dos edificios máis antigos da cidade.

O primeiro elemento arquitectónico que se erguía ao entrar na vía das Panateneas era este pórtico. Estaba situada na esquina noroeste, coñecida como a dos "Hermes", xa que había moitos hermes erguidos.

Era a sede do arconte rei, maxistrado que se ocupaba dos asuntos relacionados co culto, os procesos xudiciais de impiedade e as reunións do tribunal do Areópago, onde se xulgaban os crimes. Contiña as copias das leis de Atenas, inscritas en pedra.

O edificio primitivo era de orde dórica, cun frontón de oito columnas e un podio na base dos tres muros. Aínda que persiste un problema de datación, xa que os elementos arquitectónicos, polo seu estilo, son do século -VI, mentres que a cerámica atopada baixo o chan pode datarse no -500, o material reutilizado para os cimentos apoiou a teoría de que a construción debe datarse despois da ocupación persa do -480.

A principios de século -IV engadíronse dous corpos laterais con pórticos, que lle daban un aspecto semellante ao da Stoá de Zeus. As súas dimensións eran pequenas, 18 m de longo por 7,5 m de ancho.

En liña recta coa construción erguíase unha estatua de Temis, deusa da xustiza, detrás da cal había un gran bloque pétreo sobre o cal os arcontes reis xuraban fidelidade ás leis da polis.

Segundo o xeógrafo grego Pausanias "no tellado deste pórtico hai estatuas de terracota: Teseo lanzando ao mar a Escirón e Hémera raptando a CéfaloPausanias, Descrición de Grecia i.3.1.".

Segundo Aristófanes, a stoà tamén se utilizaba para banquetes oficiais, feito confirmado polos achados de louza. Neste pórtico tivo lugar a vista preliminar do xuízo de Sócrates.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ágora de Atenas. Stoá de Zeus. Categoría:Ágora de Atenas