Bedoune Tarikh, Bedoune Emza (en ) é un filme iraniano de 2017 dirixido por Vahid Jalilvand. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Mentres conducía o seu coche, o doutor Kaveh Nariman golpea accidentalmente unha motocicleta na que circulaba unha familia. A familia sae aparentemente ilesa. Ao día seguinte, no seu lugar de traballo, que é a medicina forense, o doutor Nariman atópase co cadáver do fillo da mesma familia, pero négase a enfrontarse á familia do falecido para descubrir o motivo principal da morte do neno.
Personaxes
Amir Aghaei como Dr Nariman Hedieh Tehrani como Sayeh Navid Mohammadzadeh como Moosa Zakia Behbahani como Laila Saeed Dakh como inspector Alireza Ostadi como empregado Hojjat Hassanpour Sargaroui como Kamal Ehsan Rahim Del como dono da galiña Alireza Rahim Del como Habib Fatemeh Mortazi como nai de Kaveh
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán