miniatura|A piragüista Teresa Portela disputa os seus sétimos Xogos Olímpicos. Nos Xogos Olímpicos de 2024 en París participaron 30 deportistas galegos, o que supuxo a representación máis numerosa da historia do olimpismo galego.
Antecedentes Antes de París, a maior participación de galegos nunhas olimpíadas dérase en Tokyo 2020, cun total de 21 deportistas. Anteriormente a maior marca compartíana os Barcelona 92 e Sydney 2000, con 17 deportistas en ambas as convocatorias. En Tokyo 2020 conseguíronse tamén os mellores resultados do olimpismo galego, cunha colleita de seis medallas (superando as catro de Londres 2012) e nove diplomas olímpicos.
Lista de participantes A seguinte táboa amosa a lista dos deportistas galegos que participaron nas diversas probas da cita olímpica de París: DeporteDeportistaProbaResultado20x20px AtletismoYulenmis AguilarLanzamento de xavelina6ª (diploma)Adrián Ben800 metros28ºEster NavarreteMaratón feminino42ªTariku NovalesMaratón masculino68ºAna PeleteiroTriplo salto feminino6ª (diploma)Belén ToimilLanzamento de peso25ª20x20px BaloncestoMaría AraújoTorneo feminino5º (diploma)Paula Ginzo20x20px BalonmánRodrigo CorralesTorneo masculino BroncePedro Rodríguez10ºAlicia FernándezTorneo feminino1ª fase20x20px BoxeoEnmanuel Reyes -91 kg (pesos pesados) Bronce20x20px FútbolTeresa AbelleiraTorneo feminino4ª (diploma)20x20px JudoDavid GarcíaCompite baixo licenza galega. -66 kg (pesos semilixeiros)1ª roldaFran Garrigós -60 kg (pesos superlixeiros) BronceLaura Martínez -48 kg (pesos superlixeiros)SemifinaisNikoloz Sherazadishvili -100 kg (pesos semipesados)5º (diploma)20x20px MonopatinaxeJulia BenedettiParque17ª20x20px PiragüismoCarlos ArévaloK-2 500 m masculino9ºK-4 500 m masculino BronceAntía JácomeC-1 200 m feminino4ª (diploma)C-2 500 m feminino6ª (diploma)Pablo CrespoC-1 1000 m masculino12ºDiego DomínguezC-2 500 m masculino BronceCarolina GarcíaK-4 500 m feminino6ª (diploma)K-2 500 m feminino16ªRodrigo GermadeK-4 500 m masculino BronceK-2 500 m masculino9ºManuel OchoaCaiac cross14ºTeresa PortelaK-4 500 m feminino6ª (diploma)20x20px RemoRodrigo CondeDobre scull5º (diploma)Caetano HortaDobre scull lixeiro8º (diploma)20x20px TríatlonAntonio SerratProba masculina32ºRemudas mixtas9º20x20px VelaTámara Echegoyen49er FX12ª
Actuación dos deportistas
Atletismo
Yulenmis Aguilar A lanzadora de xavelina Yulenmis Aguilar, nacida en Cuba e dende 2020 residente na Coruña, participou nos seus segundos Xogos Olímpicos, despois de ter participado en Río 2016, representando naquel momento ao país insular. Xa en París, cun lanzamento de 61,95 metros logrou o pase á final e nesta obtivo a sexta praza e un diploma olímpico, grazas a un lanzamento de 62,78 m.
Adrián Ben O viveirense Adrián Ben participou na proba dos 800 metros, pero non puido repetir o éxito dos Xogos de Tokyo. Na súa serie, na que só se clasificaban para as semifinais os tres primeiros, acabou cuarto, a unha décima do terceiro, o sueco Andreas Kramer. Foi así para a repesca, onde de novo rematou ás portas das semifinais.
Ester Navarrete A viguesa Ester Navarrete disputou en París o segundo maratón da súa carreira, despois de conseguir a vitoria no campionato de España uns meses antes. Xa na capital francesa, conseguiu rematar a proba na 42ª posición, tras unha carreira con condicións extremas na que chegou a vomitar.
Tariku Novales O noiés Tariku Novales acudiu aos Xogos de París co récord de España de maratón conseguido uns meses antes en Valencia. Con todo, só puido ser 68º na capital francesa, cun duro percorrido con empinadas costas que completou en 2h25'50'', a máis de 19 minutos do vencedor, o etíope Tamirat Tola.
Ana Peleteiro A ribeirense Ana Peleteiro chegaba aos Xogos de París con altas expectativas, despois do bronce logrado en Tokyo, os bos resultados recentes e ante a ausencia da venezolana Yulimar Rojas. Iniciou a competición o 2 de agosto, conseguindo o pase á final no seu primeiro salto (14,36 metros). Ao día seguinte disputou a final, que tivo que verse interrompida pola choiva que caía no Stade de France. Realizou un mellor salto de 14,59 m., insuficiente para achegarse ás medallas, acabando finalmente sexta. Máis tarde afirmou que a choiva a afectara psicoloxicamente durante a competición.
Belén Toimil A mugardesa Belén Toimil participou no lanzamento de peso, sen conseguir pasar á final. Realizou dous lanzamentos nulos e un terceiro de 16,83 metros, lonxe das súas mellores marcas e tamén do mínimo para meterse na final.
Baloncesto
María Araújo e Paula Ginzo As xogadoras de baloncesto María Araújo e Paula Ginzo debutaron nos Xogos cunha vitoria sobre a China na prórroga. Dúas vitorias nos dous seguintes partidos colocaron á selección española como líder do Grupo A, pero o equipo adestrado polo tamén galego Miguel Méndez caeu nos cuartos de final contra Bélxica por 66-79.
Balonmán
Rodrigo Corrales O cangués Rodrigo Corrales repetiu o mesmo resultado de Tokyo 2020 e regresou a Galicia coa súa segunda medalla de bronce. A selección española de balonmán conseguiu o pase á fase eliminatoria como terceira do seu grupo e nos cuartos de final eliminou a Exipto. Xa en semifinais caeu ante Alemaña e no partido polo terceiro posto conseguiu vencer a Eslovenia. Rodrigo Corrales alternou na portería con Gonzalo Pérez de Vargas e deste xeito converteuse no quinto deportista galego en sumar máis dunha medalla olímpica, despois de Ramos Misioné, David Cal, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo.
Alicia Fernández Alicia Fernández participou en París nos seus segundos Xogos coa selección española de balonmán. Non disputou os dous primeiros partidos por molestias físicas, pero recuperouse para os encontros ante os Países Baixos, Hungría e Francia. O equipo completou unha pésima fase de grupos, incapaz de sumar nin un só punto, e quedou eliminado na fase de grupos.
Pedro Rodríguez O vigués Pedro Rodríguez, nacionalizado húngaro, participou nos Xogos coa selección maxiar de balonmán. Debutou na terceira xornada ante Noruega e disputou un total de tres encontros, anotando dous goles contra Dinamarca. Con todo, o equipo non conseguiu pasar da primeira fase, rematando a súa participación na décima praza.
Boxeo
Enmanuel Reyes O boxeador Enmanuel Reyes derrotou no seu primeiro combate ao chinés Han Xuezhen e nos cuartos de final ao belga Victor Schelstraete, asegurando así o pase ás semifinais e consecuentemente unha medalla olímpica. Nas semifinais enfrontouse ao acerbaixano Loren Alfonso, tamén de orixe cubana, perdendo por unha polémica decisión dos xuíces. O seu bronce foi a primeira medalla olímpica para o boxeo español en 24 anos, dende a prata de Rafa Lozano en Sydney 2000.
Fútbol
Teresa Abelleira A futbolista pontevedresa Teresa Abelleira foi unha das 22 mulleres seleccionadas por Montse Tomé para a primeira participación da selección española feminina nuns Xogos Olímpicos. Disputou os seis partidos do combinado español no torneo, sendo titular en catro deles. O equipo acadou as semifinais, onde caeu ante o Brasil por 4-2, e perdeu tamén no encontro pola medalla de bronce contra Alemaña (1-0).
Judo
David García O tarraconense David García, judoka baixo licenza galega, participou na proba de menos de 66 kg, caendo na primeira rolda ante o kazako Ğusman Kirğizbaev.
Fran Garrigós O judoka nacido en Móstoles Fran Garrigós, empadroado en Sanxenxo e que compite con licenza galega como os seus compañeiros da AD Famu de Vigo David García e Laura Martínez, participou na categoría de –60 kg. Derrotou ao belga Jorre Verstraeten e ao xaponés Ryuju Nagayama, acadando así as semifinais, nas que caeu fronte ao kazako Eldos Smetov. No combate polo bronce venceu ao xeorxiano Giorgi Sardalashvili, converténdose así no primeiro medallista español nos Xogos de París.
Laura Martínez Laura Martínez, judoka membro tamén da AD Famu de Vigo e baixo licenza galega, competiu na categoría de menos de 48 kg. Eliminou sucesivamente á chilena Mary Dee Vargas, á serbia Milica Nikolić e á kazaka Äbïba Äbwjaqinova, acadando así as semifinais, nas que caeu fronte á mongol Bavuudorjiin Baasankhüü. Volveu perder no combate polo bronce, sendo a medalla para a francesa Shirine Boukli.
Nikoloz Sherazadishvili O judoka vigués de orixe xeorxiana Nikoloz Sherazadishvili disputou os seus segundos Xogos, desta vez na categoría de 100 kg (en Tokyo participara en menos de 90 kg), obtendo idéntico resultado. Eliminou ao húngaro Zsombor Vég antes de caer nos cuartos de final diante do suízo Daniel Eich. Accedeu así á repesca, onde derrotou primeiramente ao xaponés Aaron Wolf, pero acabou quedando de novo ás portas do bronce ao caer fronte ao uzbeco Muzaffarbek Turoboyev por ippon.
Monopatinaxe
Julia Benedetti A coruñesa Julia Benedetti disputou os seus segundos Xogos Olímpicos aos seus 19 anos, de novo na modalidade de parque. Cometeu dous erros nas dúas primeiras mangas e acabou eliminada na primeira fase, ocupando a 17ª posición con 70,27 puntos.
Piragüismo
Carlos Arévalo e Rodrigo Germade Os piragüista Carlos Arévalo e Rodrigo Germade disputaron os seus segundos Xogos xuntos (os terceiros no caso de Germade) e gañaron a súa segunda medalla no K-4 500 metros, desta vez de bronce. Formando equipo de novo con Saúl Craviotto, e coa novidade de Marcus Cooper, metéronse sen problemas na final, onde remataron por detrás do equipo alemán e do australiano.
Disputaron tamén a modalidade do K-2 500 metros, pero neste caso non conseguiron o pase á final, ao rematar quintos na súa tirada de semifinais. Accederon á final de consolación, onde conseguiron a vitoria e con ela o noveno posto final.
Pablo Crespo O padexeiro Pablo Crespo debutou en París como olímpico, seguindo os pasos de seus pais: José Manuel Crespo e Ana María Penas. Fíxoo na modalidade do C-1 1000 metros, conseguindo o pase a semifinais, pero non á final principal. Disputou a final B, na que rematou cuarto, o que se traduciu no 12º posto final.
Diego Domínguez O piragüista madrileño fincado en Pontevedra Diego Domínguez participou na proba de C-2 500 metros xunto ao catalán Joan Antoni Moreno. Conseguiron o segundo posto da súa serie e con ela o pase directo ás semifinais, e nestas a cuarta posición da súa manga, o que lles deu acceso á final. Xa na tirada final, conseguiron a medalla de bronce ao cruzaren a meta na terceira posición, só por detrás das embarcacións dos chineses Liu Hao e Ji Bowen e dos italianos Gabriele Casadei e Carlo Tacchini.
Carolina García A piragüista pontevedresa Carolina García participou en dúas modalidades, K-4 e K-2, ambas sobre a distancia de 500 metros. Na primeira delas competiu formando equipo xunto a Sara Ouzande, Estefanía Fernández e a histórica Teresa Portela, conseguindo o pase á final ao primeiro intento. Xa na final só puideron ser sextas, a menos de dous segundos da piragua neozelandesa, medalla de ouro.
Menos fortuna tivo no K-2, no que participou xunto a Sara Ouzande. Lograron o pase ás semifinais, pero non á final, ao rematar sextas na súa serie. Na final de consolación non conseguiron cruzar a meta, ao envorcar o seu caiac nos metros finais.
Antía Jácome A padexeira pontevedresa Antía Jácome participou en dúas modalidades: C-1 200 metros e C-2 500 metros, nesta última xunto a María Corbera. Disputou primeiro o C-2, conseguindo sen problemas o pase á final. Nesta remataron na sexta posición, a máis de tres segundos das chinesas Xu Shixiao e Sun Mengya. No C-1 200 meteuse tamén na final, despois de ser segunda da súa serie na rolda inicial e terceira nas semifinais. Xa na tirada final cruzou a meta na cuarta posición, nun apertado final con seis deportistas en menos dun segundo.
Manuel Ochoa