miniatura|Páxina co título da edición de 1573 de De occultis naturae miraculis (Colonia). miniatura|The Secret Miracles of Nature, páxina do título da edición de 1658 publicada por John Streater.

Levinus Lemnius ou Levino LemnioTamén escrito Lenneus ou Lennius, orixinalmente Lievin Lemnes ou Lemmens ou Lemse (e tamén en holandés Livinus de Lieven); tamén coñecido noutros países como Levino Lemnio (España), Levinio Lennio (Italia) ou Lemmio (Italia) e Levine Lemnie (Inglaterra século XVI). (1505-1568) foi un médico e autor holandés.

Vida

Lemnius naceu o 20 de maio de 1505 en Zierikzee. Estudou medicina na Universidade de Lovaina, sendo alumno de Rembert Dodoens e Konrad Gesner; e de Andreas Vesalius en Padua. Tamén viaxou a Suíza e Inglaterra. Despois da morte da súa esposa, fíxose crego. Morreu o 1 de xullo de 1568 en Zierikzee.

Obras Occulta naturae miracula (1559, Anveres)World Cat; subseguintes edicións latinas tituladas De occultis naturae miraculis. da Universidade e Biblioteca do Estado de Düsseldorf. Foi traducido como De gli occvlti miracoli, Les Occultes Merveilles et Secretz de Nature (texto on line, The secret miracles of nature, e Wunderbarliche Geheimnisse der Natur texto on line). De habitu et constitutione corporis (1561, Anveres). Traducida como The Touchstone of Complexions (1576) (tradución ao inglés de Thomas Newton)Braden, Gordon. "Newton, Thomas". Oxford Dictionary of National Biography (edición on line). Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/20069. (necesita subscrición ou ser membro das bibliotecas públicas británicas). Herbarum atque arborum quae in Bibliis passim obviae sunt et ex quibus sacri vates similitudines desumunt. En inglés como An Herbal for the Bible (1579, tradución de Newton). De miraculis occultis naturae : libri IIII (1611, Frankfurt) da Universidade e Biblioteca Estatal de Düsseldorf.

A súa Occulta naturae miracula, un libro de segredos, é a súa obra máis coñecida. Fixéronse moitas edicións e foi moi traducida do latín. Baséase en fontes clásicas, especialmente Aristóteles. Lemnius foi influenciada tamén, polas doutrina dos "aires, augas e lugares" do Corpo hipocrático. A obra intentaba reconciliar a filosofía natural tal como se encontra en fontes clásicas coa doutrina cristiá, especialmente na xeración e reprodución, aínda que salientando aspectos extraordinarios. A súa teoría humoral era complexa, dividindo a flegma en catro tipos, e os outros humores tamén os subdividía.From The Touchstone of Complexions; J. B. Bamborough, The Little World of Man (1952), p. 59.

Considérase que foi o primeiro que mencionou nesta obra a tinguidura dos ósos, utilizando plantas do xénero Rubia.Brian Keith Hall, Bones and Cartilage: developmental and evolutionary skeletal biology (2005), p. 433. Na mesma obra dálle credibilidade á teoría da impresión materna; a súa teoría da teratoloxía conecta a teoría aristotélica da xeración cos defectos de nacemento.http://www.digitalsilesia.eu/Content/23006/inscription_on_the_body.pdf, pp.33–4. Contribuíu á demonoloxía, con Johann Weyer, ao suxerir que as perturbacións e enfermidades mentais podían ser causadas fisicamente, en vez de seren o resultado da influencia externa.Adam Crabtree, The Transition to Secular Psychotherapy: Hypnosis and the Alternate-Consciousness Paradigm, p. 555, Ch. 19 in History of Psychiatry and Medical Psychology 2008, Section Three, Part 4, 555-586, Tamén atribuía a Salomón a invención do compás magnético.Paul Fleury Mottelay, A Bibliographical History of Electricity and Magnetism (1922), p. 5; on line.

Esta obra dun modo ou outro acabou tendo unha vixencia de case catro séculos. Despois combinouse cun manual alemán sobre obstetricia de Jakob Rüff, para crear a Obra mestra aristotélica, unha obra do século XVII en inglés de consellos sobre sexo e reprodución, aínda vendida nunhas edicións últimas na década de 1930.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Edwin S. Morby, Levinus Lemnius and Leo Suabius in La Dorotea, Hispanic Review Vol. 20, No. 2 (Apr., 1952), pp. 108–122. Published by: University of Pennsylvania Press. Stable URL: Levinus Lemnius and Leo Suabius in La Dorotea. Hamlet and the Secret Miracles of Nature, Notes and Queries (1994) 41 (1): 38–41. HAMLET AND THE SECRET MIRACLES OF NATURE, .

Ligazóns externas

summagallicana.it

Categoría:Médicos holandeses