David John McDonald, coñecido como David Tennant, nado en Bathgate o 18 de abril de 1971, é un actor de cine e teatro escocés. A súa traxectoria teatral é ampla, destacando a súa interpretación de Hamlet. O seu papel máis famoso na televisión foi posiblemente a décima encarnación do Doutor Who.
Traxectoria Primeiros anos Comezou a súa carreira aos 16 anos inscribíndose na e participando nun filme contra o tabaquismo producido polo Glasgow Health Council e emitido en televisión e nas escolas. Como o nome de "David McDonald" xa fora tomado por outro actor, comezou a actuar co pseudónimo de David Tennant, en referencia a Neil Tennant, vocalista dos .
Cine, TV e teatro Sendo xa un coñecido actor de teatro, acadou fama no Reino Unido cos seus papeis protagonistas nas series de televisión Casanova (2005), Doutor Who (2005-2010 e 2013) e Broadchurch (2013-presente). Comezou a actuar en curtametraxes e longametraxes a partir de 1993, e o seu primeiro papel protagonista foi na comedia románmtica de 1998 dirixida por Mika Kaurismäki, L. A. without a Map. Algúns dos seus papeis máis destacados son Harry Potter e o cáliz de fogoe (2005), The Decoy Bride ( 2011) e What We Did on our Holiday (2014, pode verse en Prime dobrado ao galego como O noso último verán en Escocia). Tamén aportou a súa voz a varias películas de animación, gañando os premios Daytime Emmy en 2012 por Star Wars: The Clone Wars. miniatura| Tennant en Stratford-upon-Avon. En setembro de 2012, David Tennant foi nomeado membro do consello de administración da e interpretou varios papeis en obras de Shakespeare no Royal Shakespeare Theatre de Stratford-upon-Avon e no Barbican Theatre de Londres.
Tamén aparece en Bos presaxios (título orixinal, Good Omens), como o demo Crowley, unha serie de comedia fantástica británica creada por Neil Gaiman, baseada na súa novela homónima de 1990 súa e de Terry Pratchett.
Familia David McDonald é o derradeiro fillo de Essdale Helen e Alexander McDonald, ministro da Igrexa de Escocia. Ten dous irmáns máis vellos, Blair e Karen.
En 2011, xornais británicos informaron do seu compromiso coa actriz Georgia Moffett, con quen casou eses ano, a quen coñeceu no set de (no episodio The Doctor's Daughter) e cuxo pai, Peter Davison, é un antigo intérprete do papel principal da serie. A parella ten 4 fillos, Tyler McDonald, « David Tennant Reveals He Is Now a Double-dad », Absolute Radio nado en 2002 e adoptado oficialmente por David en 2011, Olive McDonald, nada en 2011, Wildfred McDonald, nada en 2013 Andy Newport, « Baby Joy for Star David », Paisley Daily Express, 18 de gener de 2011. e Doris McDonald, nada no verán de 2015.
Política En 2010, declarou o seu apoio ao primeiro ministro británico Gordon Brown, e puxo a súa voz nun anuncio electoral do Partido Laborista. En 2012, presentou ao líder laborista Ed Miliband na Conferencia do Partido.David Tennant Introduces Ed Miliband's Speech At Labour Conference .
Filmografía 1996: Jude : o estudante borracho 1997: : Alastair Galbraith 1998: I love L. A : Richard 1999: Last Setember: Capitán Gerald Colthurst 2002: Nine 1/2 Minuts: Charlie 2003: de Stephen Fry: Ginger Littlejohn 2004: Traffic Warden (curta): policía 2005: Sweetnight Goodheart (curta): Peter 2005: Harry Potter e o cáliz de fogo de Mike Newell: Bartemius Croupton Junior 2009: St. Trinian's 2: The Legend of Fritton's Gold: Lord Piers Pomfrey 2010: 1939: Hector 2010: de Dean DeBlois e Chris Sanders: Spitelout (voz) 2011: : Jimmy Murphy 2011: : James Aubrey 2011: de Craig Gillespie: Peter Vincent 2012: The Pirates! En calquera aventura con científicos de Peter Lord e Jeff Newitt: Charles Darwin (voz) 2012: Ill : M. Peterson 2013: Postman Pat: The Movie de Mike Disa (voz) 2014: O noso último verán en Escocia de Andy Hamilton e Guy Jenkin: Doug
2015: (serie de televisión): Kilgrave 2016: : R.D. Laing 2017: : John 2018: : John Knox 2019: (serie de televisión): Crowley 2020: (serie de televisión): Tom Kendrick 2020: (serie de televisión): el mesmo 2020: (miniserie de televisión): Dennis Nilsen 2021: : Phileas Fogg 2021: (serie de animación): Invictus (voz) 2022: : Dangerous Beans (voz) 2023: (miniserie de televisión): Alexander Litvinenko 2023: (tempada 2): Crowley 2023: : el mesmo (voz) 2023: : narrador 2023: : Pa MacWeldon (voz) 2023: : Doutor catorce Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas David Tennant no Screenonline do British Film Institute.
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores de voz de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Actores de teatro de Escocia Categoría:Actores de cinema de Escocia