Lonbraz Kann (tamén coñecido como Sugarcane Shadows) é un filme mauriciano de 2014 dirixido por David Constantin.
Sinopse A historia segue o peche dunha fábrica de azucre e como afecta aos veciños da zona: as casas dos obreiros das fábricas son destruídas para facer espazo para novas residencias de alto nivel, e úsanse traballadores estranxeiros para axudar nesa construción.
Personaxes Danny Bhowaneedin como Marco Nalini Aubeeluck como Devi Raj Bumma como Bissoon
Acollida O filme foi galardoado como mellor guión no Festival Internacional de Cinema de Durban de 2015. Tamén gañou dous premios nos Africa Movie Academy Awards 2015: Logro en Cinematografía e Logro en Son.
Notas
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Mauricio