Hélène Metzger, nada en Chatou o 26 de agosto de 1889 e finada de camiño a Auschwitz o 7 de marzo de 1944 foi unha filósofa e historia da ciencia francesa. Nos seus escritos centrouse principalmente na historia da química. Foi asasinada no Holocausto.
Traxectoria Hélène Bruhl naceu en 1889 nunha familia xudía de clase media. Era sobriña de Lucien Lévy-Bruhl, un influente antropólogo francés. O seu pai insistiu en que ela e a súa irmá deixasen os seus estudos despois de só tres anos na universidade. En 1912, recibiu un diploma en cristalografía. Casou en 1914, mais enviuvou só un meses despois, tralo que volveu á investigación.
Metgzer foi vítima do Holocausto a causa da súa ascendencia xudía. Cando Francia foi ocupada polos nazis na década de 1940, Metzger inicialmente quedou en París antes de marchar a Lyon, que era parte da chamada zone libre, a finais de 1941. Rexeitou esconderse e foi arrestada pola Gestapo o 8 de febreiro de 1944. Entón foi deportada de Drancy ao campo de concentración de Auschwitz o 7 de marzo de 1944, e foi asasinada ou durante a viaxe ou ao chegar.
A obra de Metzger non foi sempre recoñecida durante a súa vida e nunca obtivo un posto académico, mais na actualidade é unha das poucas historiadoras da ciencia francesas de preguerra amplamente lida. A causa da súa morte prematura, a súa obra é breve en tamaña, mais non obstante foi influente. Publicou nove libros, trinta e seis artigos e numerosas recensións. Contemporáneos dela como Gaston Bachelard e Émile Meyerson citaron habitualmente as súas obras, e Thomas Kuhn, na introdución do seu libro The Structure of Scientific Revolutions (1962) refírese a ela como unha das súas principais inspiracións.
Obra En 1918, Metgzer presentou unha tese sobre a emerxencia da ciencia dos cristais. Durante as décadas de 1920 e 1930 publicou seis libros sobre a historia da química nos séculos XVII e XVIII mentres vivía co diñeiro do seu dote.
Publicacións La genèse de la science des cristaux (1918) Les doctrines chimiques en France du début du XVIIe à la fin du XVIIIe siècle (1923) Les Concepts scientifiques (1926) Newton, Stahl, Boerhaave et la doctrine chimique (1930) La chimie (1930) La Philosophie de la matière chez Lavoisier (1935) Attraction universelle et religion naturelle chez quelques commentateurs anglais de Newton (1938) La Science, l'appel de la religion et la volonté humaine (1954) La Méthode philosophique en histoire des sciences(1987) (ed. Gad Freudenthal) "Extraits de lettres, 1921–1944," in Gad Freudenthal Études sur / Studies on Hélène Metzger (1990), pp. 247–269.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bensaude-Vincent, B., 'Chemistry in the French tradition of philosophy of science: Duhem, Meyerson, Metzger and Bachelard,' Studies in the History and Philosophy of Science, 36, 2005, pp. 627–648. Chimisso, C., 'Hélène Metzger: The History of Science between the Study of Mentalities and Total History,' Studies in History and Philosophy of Science, 32, 2001, pp. 203–241. Chimisso, C., Writing the History of the Mind - Philosophy and Science in France, 1900 to 1960s, Aldershot, Ashgate, 2008. Chimisso, C. & Freudenthal, G., 'A Mind of Her Own. Hélène Metzger to Émile Meyerson, 1933', Isis, 94, 2003, pp. 477–491. Freudenthal, G. (ed.) Études sur / Studies on Hélène Metzger, Leiden, Brill, 1990.
Categoría:Nados no departamento de Yvelines Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Filósofos da ciencia Categoría:Historia da ciencia Categoría:Químicos de Francia Categoría:Asasinados polo réxime nazi