A avenida da Florida é unha vía urbana da cidade de Vigo. Constitúa unha das principais arterias do rueiro olívico, e unha das varias vías que parten de xeito radial desde a Praza América. Desemboca nunha rotonda sobre o río Lagares, comunicando coas rúa de Citroën e a Estrada de Camposancos. É unha das principais vías de acceso polo sur da cidade.

Recibe o nome da parroquia homónima que percorre, Santo Antonio da Florida, que á súa vez provén probabelmente dunha casa de indianos rosarinos que se estableceron na zona. Coa chegada do tranvía, unha das propias paradas pasou a denominarse tamén A Florida. Finalmente, co desmantelamento destes, a avenida mantivo o mesmo nome.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Álvarez Blázquez, Xosé María (1960). La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Editorial Monterrey .

Categoría:Avenidas de Vigo