miniatura|Diferentes formas de cabanas e chozas dos indíxenas brasileiros por Jean-Baptiste Debret. Cabana, barraca, cabanel, casoupa, casoupo, chabola ou choza son denominacións dadas ás vivendas construídas artesanalmente, moitas veces de fráxil constitución. É un tipo de casa xeralmente localizada fóra dos centros urbanos, construída esencialmente a partir de técnicas e materias primas locais. Emprégase tanto como vivenda como para acomodación turística. Cabana tamén se emprega para referirse a construcións militares de establecemento temporal.

Presenta diferenzas no Brasil, máis de natureza rexional, conforme o material empregado na súa construción, do que é típico nas rexións africanas. Cómpren sinalar as cabanas dos indíxenas americanos (tejupar), feitas de palla, nas que os primeiros cronistas acharon parecidos coas cabanas portuguesa dos campesiños do norte. Desas cabanas algunhas eran de colmo e outras estaban construídas con madeira ou barro amasado (taipa).

Etimoloxía A palabra cabana procede do latín capanna, que significa casa rústica. Capanna tamén orixinou as palabras cabina e gabinete.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Freyre, Gilberto, Sobrados e mucambos LIRA, José Tavares Correia de, Mocambo e Cidade: regionalismo na arquitetura e ordenação do espaço habitado

Categoría:Arquitectura civil Categoría:Edificacións por tipo