Tesouro de Ellerby290x290px· Data do depósito: 1727. · Período ou cultura: Época xeorxiana británica.

· Lugar de aparición: Ellerby, East Yorkshire, Inglaterra.

· Coordenadas:

· Data do achado: 2019.

· Descubridor: .

· Composición: 266 moedas de ouro e unha vasilla.

· Materiais: ouro e gres vidrado.

· Conservación: dispersado en mans privadas.

O tesouro de Ellerby (tamén coñecido como tesouro de Ellerby Area) é un tesouro composto por 266 moedas de ouro dos séculos XVII e XVIII achadas empaquetadas no interior dunha vasilla de gres vidrada, nunha casa de Ellerby, East Yorkshire, Inglaterra, en 2019."Coin Hoard (YORYM-18E84) ". Portable Antiquities Scheme (Finds.org).

Descuberta O tesouro foi descuberto durante as obras de renovación dunha vivenda do século XVIII, debaixo do piso da cociña.Newton, G. (29022). "Ellerby Hoard: The incredible story of the once in a generation historic find beneath a Yorkshire kitchen floor". En The Yorkshire Post (Yorkshirepost.co.uk). 10 de setembro.

O contido do recipiente foi retirado antes de informar as autoridades e non se fixo rexistro ningún da posición das moedas no seu interior. Xa que logo, non foi posible determinar a estratigrafía da disposición das moedas dentro da vasilla.

Crese que o tesouro pertenceu a Sarah Maister, irmá do comerciante William Maister, de Hull. Sarah casou cun membro dos Fernley, outra das familias comerciantes da cidade, con prósperos negocios no Báltico, e sábese viviu en Ellerby logo de enviuvar e ata a súa morte en 1745.

Contido

A vasilla A vasilla que contiña as 266 moedas de ouro é de gres, do século XVIII, e presenta o selo fiscal do reinado da raíña Ana (1702-1714). O recipiente está case completo —unicamente lle faltaba unha asa—; e foi vidrado con sal esparexido de manganeso, o que lle deu un ton de cor marrón pálido, que se vai aclarando desde o bordo ata a base.

A forma da vasilla é cilíndrica e coas paredes delgadas, coa base lixeiramente acampanada. Presenta unha decoración con marcas xeométricas estriadas, e preto dos restos da asa amósanse gravadas as iniciais AR,(presumiblemente correspondentes a ANNA REGINA, o nome da monarca naquel momento.

As magnitudes da vasilla son as seguintes:

Peso: 174 g. Altura: 89,5 mm. Profundidade: 81,9 mm. Diámetro superior: 72 mm. Diámetro inferior: 73,3 mm. Grosor da parede: 2,9 mm.

As moedas A moeda máis antiga data de 1610 e a máis recente é unha guinea emitida a nome de Xurxo I, cuñada en 1727. Estímase que o seu valor nominal, trasladado á época actual, roldaría as 100.000 libras esterlinas.

A distribución das moedas por reinados é a seguinte:

ReinadoPeríodoCantidadeXacobe VI e I1603-162534Carlos I1625-164942Carlos II1660-168525Xabobe II1685-168814Guillerme e María1688-169410Guillerme III1695-170225Ana1702-171431Xurxo I1714-172784Xoán V (Portug.)1706-17501

Comercialización Aínda que inicialmente se entendeu que o achado cumpría as estipulacións da Lei do Tesouro, do Reino Unido, de 1996, polo que foi declarado formalmente como tesouro, posteriormente esta declaración foi revogada, ao non cumprirse o precepto de que todas as súas pezas tivesen polo menos 300 anos de antigüidade, o que lles deu aos seus descubridores a posibilidade de vendelas libremente.

A compañía de poxas numismáticas Spink & Son organizou a venda das moedas para as 16:00 horas do 7 de outubro de 2022,A Remarkable Hoard of English Gold Coins (1610-1727). Spink & Son. 2022. e o resultado foi o seu esparexemento do tesouro entre diversos coleccionistas privados de todo o mundo. O prezo total da venda foi de 628.000 libras, que logo ascendeu ata as 754 000, ao lle sumar as comisións correspondentes."Ellerby: Gold coins found hidden under kitchen floor sell for £754,000". En BBC (BBC.com). 7 de outubro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tesouro

Bibliografía

Brown, I. D; Dolley, M. (1971). A bibliography of coin hoards of Great Britain and Ireland, 1500-1967. Special Publications of the Royal Numismatic Society 6. Royal Numismatic Society / Spink, Londres. ISBN 9780901405012

Ligazóns externas "Un tesoro da oltre 850.000€: ritrovate a Ellerby 266 monete d’oro " (Modoetianumismaticae.com)

Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas da Idade Moderna