A hipótese de Sapir-Whorf é unha idea que dá lugar a unha teoría lingüística que afirma que a lingua que fala unha persoa ou grupo de persoas cambia a súa forma de pensar e actuar.

Historia A hipótese leva o nome dos lingüistas Edward Sapir e Benjamin Lee Whorf, que desenvolveron estas ideas no século XX.Whorf, Benjamin Lee (1956). "Language, Thought, and Reality: Selected Writings of Benjamin Lee Whorf". MIT Press.

A hipótese, tamén coñecida como relativismo lingüístico, suxire que a estrutura dunha lingua inflúe na maneira en que os seus falantes perciben e entenden o mundo.

Aínda que a versión forte da hipótese non é amplamente aceptada na actualidade, a versión feble ten influído moito no estudo de como a linguaxe pode afectar a nosa percepción da realidade.Gumperz, John J.; Levinson, Stephen C. (1996). "Rethinking Linguistic Relativity". Cambridge University Press.

Versións

a versión forte, que propón que a lingua determina completamente o pensamento e a percepción; e a versión feble, que indica que a lingua inflúe no pensamento e na percepción, pero non os determina completamente.Kay, Paul & Kempton, Willett (1984). "What is the Sapir-Whorf Hypothesis?". American Anthropologist, New Series, Vol. 86, No. 1, pp. 65-79.Lucy, John A. (1997). "Linguistic Relativity". Annual Review of Anthropology, Vol. 26, pp. 291-312.

Críticas e apoios O lingüista Noam Chomsky é un dos principais críticos da Hipótese de Sapir-Whorf. Chomsky argumenta que todas as linguas comparten unha estrutura subxacente común, coñecida como gramática universal, que contrasta coa idea de que a lingua pode determinar ou influír significativamente o pensamento.Chomsky, Noam (1965). "Aspects of the Theory of Syntax". MIT Press.Pinker, Steven (1994). "The Language Instinct". William Morrow and Company.

Outros opositores á versión forte da hipótese de Sapir-Whorf son Brent Berlin e Paul Kay, quen formularon a teoría dos termos básicos de cor. No seu libro Basic Color Terms: Their Universality and Evolution (1969), Berlin e Kay argumentan que existen categorías comúns á especie humana para identificar as cores nos distintos idiomas. Esta teoría trata de refutar a hipótese de Sapir-Whorf, particularmente no que respecta á percepción das cores, e sostén que está suxeita a universais lingüísticos que transcenden as diferenzas idiomáticas. Desde a década de 1990, a teoría de Berlin e Kay e os métodos empregados para apoiala comezaron a ser cuestionados desde a antropoloxía cultural, o que mantén aberto o debate sobre a relación entre linguaxe e percepción.

Entre os estudos que apoian a versión feble da hipótese de Sapir-Whorf atópanse os traballos de Daniel Everett coa tribo dos Pirahã na selva amazónica brasileira. A lingua pirahã ten varias características únicas: non ten palabras para números específicos e os membros da tribo non usan conceptos de aritmética básica como contar ou calcular, e carece de termos específicos para as cores. Everett argumenta que a lingua dos Pirahã carece de recursividade, un principio fundamental na Gramática Universal de Chomsky, e suxire que a cultura dos Pirahã ten unha influencia directa sobre a estrutura e as características da súa lingua, apoiando a idea de que a linguaxe e a cultura están intimamente ligadas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Universais lingüísticos Gramática Universal Relativismo lingüístico

Categoría:Lingüística