Anita Berber, nada en Leipzig o 10 de xuño de 1899 e finada en Kreuzberg (Berlín) o 10 de novembro de 1928, foi unha bailarina, actriz e escritora alemá que foi obxecto dunha pintura de Otto Dix. Viviu principalmente durante a República de Weimar.
Traxectoria Primeiros anos Naceu en Leipzig, filla de Felix Berber, primeiro violinista da Orquestra Municipal, e da súa dona, Anna Lucie Thiem, cantante e bailarina de cabaré, que se divorciaron cando Berber tiña catro anos. Foi criada principalmente pola súa avoa en Dresden. En 1913 Berber estudou danza na escola de Émile Jaques-Dalcroze en Hellerau, que incluía adestramentos en ximnasia rítmica, harmonía e música. O ano seguinte marchou a estudar ballet en Berlín con Rita Sacchetto. Aos dezaseis anos, debutou como bailarina de cabaré e en 1917 traballaba como modelo para a revista Die Dame.
Fama en Berlín Entre 1918 e 1925, apareceu en vinte e cinco filmes. Richard Oswald utilizouna en varios dos seus filmes nesa época. En 1920 apareceu xunto aos dadaístas nun cabaré político chamado Schall und Rauch.
Escandalosamente andróxina, rapidamente se fixo un nome. Levaba unha pesada maquillaxe de bailarina, que nas fotos e filmes en branco e negro da época parecía como un corazón negro acibeche sobre os seus beizos delgados e cos ollos carbonizados. O cabelo levábao curto e con frecuencia vermello brillante, como en 1925 cando o pintor alemán Otto Dix pintou un retrato dela, titulado Retrato da bailarina Anita Berber.
O seu bailarín, amigo e algunha vez amante Sebastian Droste, que actuou no filme Algol (1920), era delgado e tiña o cabelo negro con rizos sobre todo nas patillas. Ningún dos dous levaba moito máis que un taparrabos baixo e Anita ocasionalmente un corsé, colocado moi por debaixo dos seus peitos. Berber e Droste colaboraron nun libro titulado Dances of Vice, Horror, and Ecstasy en 1923. Publicáronse preto de mil copias e ata a destacada artista Hannah Höch posuía un exemplar.
Os bailes de Berber, que tiñan nomes como "Cocaine" e "Morphium",Evans, Richard J. (2003) The Coming of the Third Reich. New York: Penguin. p.125. rompían os límites coa súa androxinia e total nudez, mais foron as súas aparicións públicas as que realmente desafiaron os tabús sociais. A adicción ás drogas e a bisexualidade de Berber eran asuntos de rumores públicos. Ademais das súas adiccións á cocaína, o opio e a morfina, unha das formas de embriaguez favoritas de Berber eran o cloroformo e o éter mesturados nunha cunca. Isto remexíao cunha rosa branca, cuxos pétalos comía despois.Berlin: Metropolis of Vice. Paradigm Pictures, 2005.
Karl Toepfer sostivo que ninguén desta época estaba "máis estreitamente asociado co baile espido que Anita Berber". Un contemporáneo de Berber, o coreógrafo Joe Jencik, describiu como "O público nunca apreciou a expresión artística de Anita, só as súas transgresións públicas nas que traspasou a liña intocable entre o escenario e o público... Ela sacrificou a súa persoa a unha autovivisección da súa vida."
Falecemento Ademais da súa adicción aos narcóticos, Berber tamén era alcohólica. En 1928, aos 29 anos, abandonou de súpeto o alcol por completo, mais morreu máis tarde ese mesmo ano. Segundo Mel Gordon, en The Seven Addictions and Five Professions of Anita Berber: Weimar Berlin's Priestess of Debauchery,Gordon, Seven Addictions diagnosticáronlle unha tuberculose grave mentres actuaba no estranxeiro. Despois de colapsar en Damasco, volveu a Alemaña e morreu nun hospital de Kreuzberg o 10 de novembro de 1928, aínda que corría o rumor de que morrera rodeada de xiringas de morfina baleiras. Berber foi enterrada nunha tumba para pobres no cemiterio de St. Thomas en Neukölln."Anarchists of Style: Anita Berber, Part 2" http://www.wornthrough.com/2011/01/11/anarchists-of-style-anita-berber-part-2/.Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 3520-3521). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
Matrimonios En 1919, Berber contraeu un matrimonio de conveniencia cun home chamado Eberhard Phillipp Engelhard von Nathusins. Máis tarde deixouno para manter unha relación cunha muller chamada Susi Wanowski, e pasou a formar parte da escena lésbica de Berlín.Capovilla (2001), p.50
O segundo matrimonio de Berber, en 1922, foi con Sebastian Droste, que durou ata 1923. En 1925 casou co bailarín estadounidense Henri Châtin Hofmann. Embarcaron nunha xira por Europa que rematou en Zagreb despois de que Berber fose detida por insultar ao rei. Despois de que Hofmann lograse a súa liberación, continuaron polo Mediterráneo e Oriente Medio.
Filmografía The Story of Dida Ibsen (1918) Around the World in Eighty Days (1919) Different from the Others (1919) Prostitution (1919) The Skull of Pharaoh's Daughter (1920) The Hustler (1920) Figures of the Night (1920) The Count of Cagliostro (1920) The Golden Plague (1921) Lucifer (1921) Circus People (1922) Lucrezia Borgia (1922) The Three Marys (1923) Vienna, City of Song (1923) A Waltz by Strauss (1925)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Berber, Anita & Droste, Sebastian (2012) Dances of Vice, Horror, and Ecstasy. Traducido por Merrill Cole. Newcastle upon Tyne: Side Real Press. Capovilla, Andrea (2001) "Berber, Anita" in: Aldrich, Robert & Wotherspoon, Garry (eds.) Who's Who in Contemporary Gay and Lesbian History: From Antiquity to World War II. New York: Routledge; pp. 50–51 Fischer, Lothar (1996) Tanz zwischen Rausch und Tod: Anita Berber, 1918-1928 in Berlin. Berlin: Haude und Spener Funkenstein, Susan Laikin (2005) "Anita Berber: Imaging a Weimar Performance Artist" in: Woman's Art Journal 26.1 (Spring/Summer 2005); pp. 26–31 Gordon, Mel (2006) The Seven Addictions and Five Professions of Anita Berber: Weimar Berlin's Priestess of Debauchery. Los Angeles, California: Feral House Gill, Anton (1993) A Dance between the Flames: Berlin between the Wars. New York: Carroll & Graf Jarrett, Lucinda (1997) Stripping in Time: A History of Erotic Dancing. London: Pandora (HarperCollins); pp. 112–135 Kolb, Alexandra (2009) Performing Femininity. Dance and Literature in German Modernism. Oxford: Peter Lang. Richie, Alexandra (1998) Faust's Metropolis: A History of Berlin. New York: Carroll and Graf Toepfer, Karl Eric (1997) Empire of Ecstasy: Nudity and Movement in German Body Culture, 1910-1935. Berkeley: University of California Press
Categoría:Nados en Leipzig Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Bailaríns Categoría:Actores de cinema de Alemaña Categoría:Actores de teatro de Alemaña Categoría:Modelos de Alemaña