Herbert Graham Cannon, nado en Wimbledon (Londres) o 14 de abril de 1897 e finado en Londres o 1 de xuño de 1963, foi un destacado zoólogo británico, membro da Royal Society e da Linnean Society e un entusiasta defensor do lamarckismo.

Traxectoria fillo de David William Cannon, tipógrafo da firma Eyre & Spottiswoode, e foi o terceiro de catro irmáns. A familia mudouse a Brixton cando el era novo. Gañou unha bolsa de estudos e asistiu á Wilson’s Grammar School de Camberwell. Estudou zooloxía na Universidade de Cambridge, na que se graduou en 1918.

De 1920 a 1926 exerceu a docencia no University College, Londres. En 1926 converteuse en profesor da Universidade de Sheffield. Porén, a maior parte da súa carreira académica pasouna como Profesor Beyer de Zooloxía da Universidade de Manchester, de 1931 a 1963.

En 1927 foi elixido membro da Royal Society of Edinburgh e entre os seus propoñentes estaba James Hartley Ashworth. En 1935 converteuse en membro da Royal Society de Londres.

En canto ás súas investigacións, o historiador da ciencia Peter J. Bowler escribiu o seguinte:

Un estudante seu foi o entomólogo Sidnie Manton.

As ideas lamarckistas de Cannon foron fortemente criticadas polo biólogo Theodosius Dobzhansky.Dobzhansky, Theodosius. (1959). The Evolution of Living Things by H. Graham Cannon. Science. New Series, Vol. 130, No. 3378. p. 785.

Morreu nun hospital en Londres o 6 de xaneiro de 1963.Smith, J. E. (1963). Herbert Graham Cannon. 1897-1963. Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society, 55-68.

Obra de arte Na National Gallery de Londres consérvanse varias impresións con bromuro de retratos de Cannon, feitas por Walter Stoneman.

Familia Casou con Annie Helen Fyfe.

Publicacións Artigos "What Lamarck Really Said" (1957). Proceedings of the Linnean Society of London 168: 70-87. "The Myth of the Inheritance of Acquired Characters" (1960). New Scientist. pp. 798–800.

Libros Nebaliacea (1931) On the Rock-Boring Barnacle (1935) A Method of Illustration for Scientific Papers (1936) The John Murray expedition to the Indian Ocean (1940) Ostracoda (1940) The Evolution of Living Things (1958)Hawkins, T. H. (1958). Book Review. Nature 181: 1364-1365. Lamarck and Modern Genetics (1959)

Notas

Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Lamarckismo