John William Heslop Harrison, a miúdo escrito John William Heslop-Harrison, nado en 1881 e morto en 1967, foi un profesor de botánica británico no King's College, Universidade de Durham (hoxe Universidade de Newcastle) e membro da Royal Society of Edinburg. Especializouse na xenética das avelaíñas. Lémbrase principalmente por un traballo seu que se considerou unha fraude académica.Michael A. Salmon, Peter Marren, Basil Harley. (2000). The Aurelian Legacy: British Butterflies and Their Collectors. University of California Press. pp. 216–217.
Primeira parte da súa vida e educación Naceu en Birtley o 22 de xaneiro de 1881, fillo de George Heslop-Harrison, un modelista de Birtley Iron Works. Foi educado na escola Bede College de Durham despois na Rutherford School for Boys de Newcastle upon Tyne. A súa nai era afeccionada á xardinaría, e outras influencias como o seu tío o Rev J E Hull, e o seu veciño Charles Robson, fixeron que tivese un temperán interese na Botánica e Historia Natural.
Despois estudou no Durham College of Science, onde obtivo unha licenciatura de BSc en 1903. Fixo posteriormente estudos de posgrao na Universidade de Newcastle, obtendo un máster de ciencias (MSc) en 1916 e un doutoramento en ciencias (DSc) en 1917.
En 1921 foi elixido membro da Royal Society of Edinburgh (FRSE). Propuxérono James Hartley Ashworth, Ser Thomas Hudson Beare, Percy Hall Grimshaw e James Ritchie. Foi vicepresidente da Sociedade de 1945 a 1948. Foi elixido membro da Royal Society (FRS) en 1928.
Morreu en Birtley, Tyne and Wear o 23 de xaneiro de 1967.
Traxectoria De 1903 a 1905 foi mestre de escola en Gateshead e despois ata 1917 en Middlesbrough.
En 1917 empezou a ensinar Xenética e Botánica na Universidade de Newcastle obtendo un posto de catedrático en 1927. Permaneceu neste posto ata que se xubilou en 1946.
Illa de Rùm En 1948 foi acusado por John Raven, un titor clásico da Universidade de Cambridge, de facer a falsa afirmación de ter descuberto certa especie de plantas na illa de Rùm na costa oeste de Escocia. Que estas plantas se encontrasen ou non en Rùm era esencial para unha teoría que consideraba que a illa escapara á última idade do xeo. A acusación de faude descríbese –e apóiase a súa veracidade– no libro de Karl Sabbagh de 1999 titulado A Rum Affair.Sabbagh, Karl. (1999). A Rum Affair. Londres: Allen Lane, The Penguin Press. En 2008 apareceron probas adicionais de falsificacións cometidas por Heslop Harrison."Botanist John Heslop Harrison faked rare plant discoveries". Alastair Jamieson, The Daily Telegraph, 2 de outubro de 2008."The botanist, the Ice Age flora and seeds of doubt". Magnus Linklater, The Times, 2 de outubro de 2008."Botanical fraudster who planted the evidence is weeded out". Robin McKie, The Guardian. 25 de xullo de 1999.
Experimentos lamarckistas
Heslop Harrison foi descrito como un solitario que evitaba o máis posible o contacto con outros profesionais e realizaba a maior parte dos seus experimentos na súa casa de Birtley, Tyne and Wear. Apoiou a evolución lamarckista cos seus experimentos con avelaíñas e sínfitas.Bowler, Peter J. (1983). The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolutionary Theories in the Decades Around 1900. p. 103. Johns Hopkins University Press. . Segundo o investigador Michael A. Salmon "Heslop Harrison afirmaba ter probas experimentais de que os cambios físicos sufridos na vida dun exemplar de avelaíña ou sínfita podía transmitirse á súa proxenie, segundo a teoría de Lamarck... Por exemplo, Heslop Harrison pensaba que o melanismo resultaba do efecto da polución sobre avelaíñas individuais que dalgún modo alteraba os seus xenes. Porén, cando outros intentaron repetir o seu experimento, sempre parecían chegar a diferentes resultados."
Na década de 1920, Heslop Harrison realizou experimentos sobre a avelaíña Biston betularia, afirmando ter probas da herdanza dos caracteres adquiridos. Outros científicos non conseguiron replicar estes resultados.Giltrow, Janet. (2002). Academic Reading, Second Edition: Reading and Writing Across the Disciplines. Broadview Press. p. 144. "Durante a década de 1920, o entomólogo J. W. Heslop-Harrison publicou datos experimentais que apoian a súa afirmación de que compostos químicos da feluxe causaban amplas mutacións desde as formas de ás claras á de ás escuras. Como estas mutacións se supoñía que se transmitían ás seguintes xeracións, Harrison sostiña que documentara un caso de herdanza dos caracteres adquiridos. Outros biólogos non conseguiron replicar os resultados de Harrison, e R. A. Fisher sinalou que a hipótese de Harrison requiría unha taxa de mutación moito maior que calquera anteriormente reportada."Moore, Randy; Decker, Mark D. (2008). More Than Darwin: An Encyclopedia of the People and Places of the Evolution-creationism Controversy. Greenword Press. p. 203 "Na década de 1920, o entomólogo británico J.W Heslop Harrison (1881–1967) afirmou que a pigmentación destas avelaíñas era un resultado do lamarckismo. Porén, os científicos non puideron repetir o traballo de Harrison, e biólogos evolutivos como Ronald Fisher argumentaron que a explicación de Harrison necesitaba unhas taxas de mutación moito maiores das que [nunca] foron reportadas." Os seus experimentos foron criticados por J. B. S. Haldane.
Familia
En 1906 casou con Christian Watson Henderson. O seu fillo máis vello foi George Heslop-Harrison FRSE que tamén foi entomólogo e membro da Royal Society of Edinburg.
O cuarto fillo de Heslop Harrison foi Jack Heslop-Harrison que foi director dos Xardíns Botánicos Reais de Kew en 1970. A súa filla Helena casou o botánico William Andrew Clark."Former Fellows of The Royal Society of Edinburgh 1783–2002" .
Referencia en Botánica
A abreviación do seu nome como autor nas citas de nomes botánicos é Hesl.-Harr.International Plant Names Index. Hesl.-Harr
Notas
Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Botánicos do Reino Unido Categoría:Lamarckismo