Julia Medina Martín, nada en San Fernando, Cádiz, o 27 de novembro de 1994, é unha cantante e compositora española.

Traxectoria Baixo a influencia da súa nai, mestra de música nunha escola de San Fernando, Julia Medina empezou a colaborar con 13 anos cun coro parroquial na súa localidade natal, do que foi en múltiples ocasións a voz principal. Posteriormente realizou actuacións interpretando cancións en bares.

Julia Medina saltou á fama en 2018, coa súa participación no concurso de talentos español Operación Triunfo, onde chegou á final quedando quinta. O recompilatorio que contén os seus covers interpretados durante o programa alcanzou a sexta posición na lista semanal de discos máis vendidos en España.

Tras o seu éxito en Operación Triunfo, a cantante obtivo un contrato discográfico con Universal Music España, baixo o cal lanzou o seu primeiro disco de cancións inéditas No dejo de bailar no mes de outubro seguinte. O álbum debutou no número 3 nas listas de álbums. No dejo de bailar contou co apoio da xira do mesmo nome, que constou de once paradas por toda España.

En 2023 participou no programa musical Dúos increíbles.

En 2024 participou na undécima edición do programa Tu cara me suena quedando como terceira finalista.

Discografía

Álbums

2019 – No dejo de bailar 2021 – Epicentro

Recompilatorios

2019 – Sus canciones

Sinxelos

2019 – Dime 2020 - No me despedí 2020 - No hablan más de tí 2021 - Que será de mí 2023 - Cara B 2023 - Adiós 2024 - Espacio

EP

2024 - Compañera de viaje

Xiras

2020 - Xira No dejo de bailar

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en San Fernando Categoría:Nados en 1994 Categoría:Cantantes de Andalucía Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Cantantes en lingua castelá