miniatura|300px|Klaatsch ensinou anatomía e antropoloxía en Breslau (Universidade de Wrocław).

Hermann Klaatsch, nado o 10 de marzo de 1863 e finado o 5 de xaneiro de 1916, foi un médico, anatomista, antropólogo físico e evolucionista alemán, profesor da Universidade de Heidelberg dese 1890, e da Universidade de Breslau (Wrocław) ata 1916."Hermann Klaatsch " (biografía), Aaron Possis, Minnesota State University, Mankato, Mankato, Minnesota, 2003.

Klaatsch estudou teoría evolutiva, sendo mencionado nalgúns libros de pegadas dactilares polos seus estudos iniciais sobre o desenvolvemento das cristas e sucos da pel de fricción. Investigou as xemas palmares dos dedos asociadas cos padróns epidérmicos, agrupando xuntas as xemas de humanos e primates. Posteriormente a Arthur Kollmann, Klaatsch tamén lles deu nomes a varios tipos de xemas en 1888."Michele Triplett's Fingerprint Terms: K " (sección de "Klaatsch, Dr. Hermann"), Michele Triplett, 2006.

Klaatsch fixo moitos descubrimentos e era partidario de separar a antropoloxía da relixión.

Vida e obra

Klaatsch naceu en Berlín, fillo dun médico. De neno mostrou interese en coleccionar espécimes e nas ciencias naturais. Graduouse na escola (gymnasium) Königliches Wilhelms en 1881 e estudou medicina e bioloxía na Universidade de Heidelberg. Posteriormente seguiu os seus estudos na Universiade de Berlín e na estación biolóxica de Villefranche.

Klaatsch empezu a traballar no laboratorio de Rudolf Virchow e no Hospital Augusta. En 1885, converteuse en axudante científico no instituto anatómico baixo a dirección de Waldeyer, e obtivo o título de doutor (M.D.).

En 1888, Klaatsch recibiu unha invitación persoal á Universidade de Heidelberg dun vello amigo colega, Karl Gegenbaur, que foi o primeiro que o fixo interesarse pola anatomía. En 1890 Klaatsch empezou a ensinar alí.

Entre 1904 e 1907, Klaatsch viaxou a Australia e Xava para estudar os pobos nativos. Despois publicou os artigos dos seus descubrimentos.

Coa súa esposa Julie Klaatsch, de solteira Schwendler (1829-1895), tivo tres fillos: Clara Klaatsch, casada con von Gossler (1857-1931), Hermann Klaatsch (1863-1916) e Julie Klaatsch, casada con von Hake (1867-1910).

Período en Australia

De 1904 a 1907 emprendeu unha viaxe a Australia por suxestión do seu amigo e colega de profesión o antropólogo e prehistoriador de Heidelberg Otto Schoetensack, o cal tiña a teoría de que a humanidade se orixinara en Australia. Nese período viaxou por diversas partes de Australia e foi a Xava. Aínda que non atopou probas de que Australia fose o berce da humanidade, tomou notas, fixo debuxos e recolleu máis de 2000 obxectos etnográficos dos aborixes australianos, que enviou a museos de Alemaña.Francisco Pelayo. Hermann Klaatsch and his photographic representations of Australian aborigines during his scientific trip through Australia (1904-1907). Instituto de Historia - CSIC.

En Queensland, Australia o seu principal contacto foi Walter Roth; despois de pasar algún tempo examinando as coleccións privadas de Roth en Brisbane, en xuño de 1904 Klaatsch viaxou ao norte a Newellton, preto de Cairns, onde foi hóspede de F.E. Clotten da Lancelot Tin Mining Company. Preto de alí mostráronlle campamentos de aborixes en abrigos rochosos, examinou primeiro a arte pictórica das rochas decoradas polos aborixes, e coleccionou ferramentas líticas.Klaatsch, Hermann 1908. "Die Steinartefakte der Australier und Tasmanier, verglichen mit denen der Urzeit Europas". Zeitschrift für Ethnologie 40: 407-428 Despois pasou algún tempo na illa Melville.

Klaatsch tiña unha gran conexión co norte de Queensland porque volveu ao río Russel Superior ao final de 1904, onde adquiriu o corpo momificado do 'rei de Bellenden Ker', que enviou a Berlín.Klaatsch, Hermann 1905. "Mumie aus Australien." Zeitschrift für Ethnologie 37: 772 781 Herman Klaatsch escavou tumbas aborixes para obter material para a súa propia colección. As evidencias históricas mostran que algúns pobos indíxenas se opuxerons á retirada de restos humanos e de facelo podería haber graves consecuencias. El escavou unha tumba pola noite e informou que o seu axudante fora posteriormente matado por esa causa, e foi tamén perseguido e expulsado da área de Normanton por nativos que lle chemaban ‘demo demo’ debido á súa actividade de saquear as tumbas.

Retorno a Breslau

Cando volveu da súa viaxe, Klaatsch empezou a ensinar anatomía e anropoloxía na Universidade de Breslau (Wroclaw). En 1912 ensinou un curso de anatomía topográfica. Durante esa época en Breslau, Oetteking describiu outros logros de Klaatsch: "Ademais da súa actividade como profesor na Universidade, Klaatsch tiña varios cargos honorarios, académicos e gobernamentais, e o seu goberno honrouno concedéndolle varias ordes."

Klaatsch foi un activo membro do congreso anual de anatomistas e foi orador en case todas as xuntanzas.

Klaatsch tamén escribiu moitos artigos, todos na súa lingua nativa, o alemán. Nos artigos máis importantes escribiu as semellanzas comparadas entre os aborixes australianos e os neandertaloides en canto ás estruturas óseas. Tamnén escribiu sobre os restos esqueléticos atopados no sur de Francia en 1913.

Foi ben coñecido polos seus estudos anatómicos comparativos de primates e o seu traballo sobre a historia tribal e racial. Tamén fixo unha contribución significativa á primeira descrición da mandíbula de Mauer do Homo heidelbergensis. Klaatsch foi un dos científicos que sostiña a opinión de que os humanos non puideron terse orixinado a partir dos simios.Matthew Goodrum. Biographical Dictionary of the History of Paleoanthropology. Hermann Klaatsch (1863-1916).

A contribución máis importante de Klaatsch foi moi polémica. Segundo Oetteking,Oetteking, Bruno."Hermann Klaatsch" (artigo), American Anthropologist, Vol. 18 pp. 422–425, Nova York, 3 de novembro de 1916. JSTOR 660317 "Klaatsch foi un dos primeiros que avogaba enerxicamente por unha clara separación da relixión e a ciencia. Oetteking engadiu que "pode ser difícil para nós… decatarnos de que unha concepción da antropoloxía que a eleve ao nivel dunha ciencia académica non se remonta nin sequera a unha xeración (en 1916), e débese a espiritos do tipo de Klaatsch."

Klaatsch cambiou a maneira en que se ensinaba a antropoloxía.

Hermann Klaatsch morreu inesperadamente en Eisenach en 1916. O seu principal traballo foi reunido postumamente polos seus colegas.Klaatsch, Hermann 1923. The evolution and progress of mankind. Londres: T. Fischer Unwin Ltd

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Hermann Klaatsch." In Biographical Dictionary of the History of Paleoanthropology. Editado por Matthew R. Goodrum. (2016) dispoñible en https://drive.google.com/file/d/12ilmb-txB6oe7SkbM6mLTao7H4wZWDHX/view Gaston Mayer: Klaatsch, Hermann. In: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 11, Duncker & Humblot, Berlin 1977, ISBN 3-428-00192-3, S. 697 f. (Dixitalizado). Walter Jankowsky: Hermann Klaatsch und die Entwicklung der modernen Anthropologie. In: Walter Jankowsky (Hrsg.): Abhandlungen aus dem Gebiet der Anthropologie. Darmstadt 1962, S. 25–31. Corinna Erckenbrecht: Vom Forschungsziel zur Sammelpraxis. Die Australienreise und die völkerkundliche Sammlung Hermann Klaatsch im Lichte neuer Quellen. In: Kölner Museums-Bulletin. Berichte und Forschungen aus den Museen der Stadt Köln 3, 2006, S. 25–36. Corinna Erckenbrecht: Auf der Suche nach den Ursprüngen: Die Australienreise des Anthropologen und Sammlers Hermann Klaatsch 1904–1907. In: Ethnologica N.F. 27, 2010. Köln, Wienand-Verlag. Meyers Enzyklopädisches Lexikon. Bibliographisches Institut, Lexikonverlag, Mannheim/Wien/Zürich 1975, Band 13, S. 735. Hans Kraemer (Herausgeber): Weltall und Menschheit. Bong, Berlin und Leipzig 1902.

Ligazóns externas Obras de Hermann Klaatsch no catálogo da Deutschen Nationalbibliothek

Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Anatomistas Categoría:Antropólogos de Alemaña