A lingua marubo é unha lingua da familia pano falada no Brasil. A lingua marubo considérase ameazada por mor do avance da lingua portuguesa entre os membros do pobo marubo. O marubo está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Características O marubo é unha lingua aglutinante cunha orde de palabras suxeito-obxecto-verbo. Ten un sistema de tempo graduado onde o tempo que se usa está determinado pola distancia no tempo entre o tempo de referencia (xeralmente o tempo de falar) e o tempo no que aconteceu o mencionado.O marubo, a diferenza da maioría das linguas da familia pano, non ten prefixos para referirse a varias partes do corpo.

Notas

Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas pano