Luis Expósito Rodríguez, nado en Madrid, en 1959, é un xestor de recursos humanos e escritor español.

Traxectoria Con raíces en Extremadura, licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid, Diplomado en Dirección de Persoal por ICADE e MBA Executive polo Instituto de Empresa.

Foi Director de RR.HH. do Grupo Crédito Agricole en España, Director de RR.HH. de Finamersa (entidade de financiamento do Banco Hispano Americano), Xefe de Persoal en diversos centros de Galerías Preciados e de Mediaset. Foi profesor de RR.HH na Universidade de Salamanca e UEM.

É membro de AEDIPE e de AEDRH (Asociación Española de Directores de RR.HH). Leva impartidas palestras sobre RR.HH. en diferentes lugares.

En 2023 publicou a novela histórica Nadie puede cambiar el pasado, composta por unha variedade de sentimentos orixinados pola guerra e a supervivencia en tempos convulsos. Recupera un episodio pouco coñecido, o primeiro éxodo masivo ante o avance das tropas de Franco.

Obra

Novela

miniatura|Presentación de Nadie puede cambiar el pasado en Bueu con Manuel Villanueva (Libraría Miranda)Nadie puede cambiar el pasado. Un destino roto por la guerra (2023). Ed. Kolima. 512 páxs. ISBN 978-84-19495-65-5. Prólogo de Pedro Piqueras.

Libros colectivos

Relatos Humanos: ¿cómo ven os empleados y directivos las situaciones que suceden dentro de na empresa? (Acción Empresarial) (2016). ISBN 978-8416624973. RRetratos HHumanos. Un viaje al corazón de la empresa (2019). Ed. Kolima. ISBN 978-84-17566-29-6. RRetos HHumanos. Tiempos de pandemia (2021). Ed. Kolima. ISBN 978-84-18811-24-1. La evaluación del desempeño a examen (2022). Ed. Kolima. ISBN 978-8418811944.

Premios

2018: Premio Foro de RR. HH. al Mejor Comunicador, outorgado na Gala de Recursos Humanos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ateneo Popular Frexnense, charla coloquio de Luis Expósito, vídeo de junio 2024. Conversación en Onda Cero (5 de agosto de 2024)

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1959 Categoría:Novelistas da Comunidade de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid