Concepción Pura González Varela, nada na Coruña o 22 de setembro de 1874 e finada na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1958, foi unha música e profesora galega.
Traxectoria
Filla de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Urbano González. Alumna de Canuto Berea Rodríguez, ingresou na Escola Nacional de Música e Declamación de Madrid na que acadou premios en piano e harmonía. Intérprete de piano. Foi nomeada profesora de música da Escola Normal de Mestras da Coruña en 1899.El Eco de Galicia, 18-11-1899, p. 2. Deu concertos no teatro Principal da Coruña e no Círculo de Artesáns e outros locais de Santiago de Compostela. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou na Coruña o 30 de xaneiro de 1958.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 31-1-1958, p. 4, 7. Vida persoal Casou na Coruña con Manuel Lugrís Freire o 14 de agosto de 1902,La Voz de Galicia, 15-8-1902, p. 2. e foi nai de Manuel, Secundino, Pilar, Urbano e Purificación Lugrís González.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Purificación González Varela
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1958