Wenceslao Francisco Veiga Gadea, nado en Ferrol o 5 de febreiro de 1853 e finado en Barcelona o 24 de xullo de 1916, foi un xornalista, escritor e músico galego.
Traxectoria Comezou a carreira de sacerdote en Ferrol. Abandonou os estudos para seguir ao seu pai destinado en San Vicente de la Barquera. Foi nomeado secretario do concello de Comillas. Permaneu no posto ata 1880, cando retornou a Ferrol para ser redactor de El Correo Gallego.El Correo Gallego, 18-1-1883, p. 2. Foi nomeado director da Estafeta de Correos de Ferrol en 1890,El Regional, 22-12-1890, p. 1. e secretario de sanidade do porto de Ferrol en 1899.El Correo Gallego, 23-9-1899, p. 2.
Autor teatral e poeta, foi autor de varios apropósitos carnavalescos. Como xornalista dirixiu El Criticón, Agua Va, La Monarquía,La Monarquía, 25-4-1887, p. 2. El Clamor Público, Diario Ferrolano e El Otro, onde publicou poemas co pseudónimo B. Iga. Tamén colaborou en La Pequeña Patria, Extracto de Literatura, El Eco de Galicia de Buenos Aires e Galicia, Pro-Galicia e Suevia da Habana.
En xaneiro de 1905 marchou coa familia a Barcelona;El Correo Gallego, 23-1-1905, p. 2. ao servizo do marqués de Comillas, ocupou o posto de xefe de contabilidade da Sociedad Hullera Española. Desde Barcelona enviou crónicas e artigos a El Correo Gallego. Finou en Barcelona o 24 de xullo de 1916.El Correo Gallego, 26-7-1916, p. 1.
Obras Teatro
Ya apareció aquello, 1883.El Correo Gallego, 8-2-1883, p. 2. Ferrol a vista de pájaro.
Calles y Quillas.La Monarquía , 26-3-1888, p. 2.
Antes, ahora y despues, 1891.
Lo que salga. Ferrol en caricatura, 1902.El Correo Gallego, 13-2-1902, p. 2. El Ministro en Ferrol, 1904.
Poesía
Treinta sonetos, 1903.
Vida persoal
Casou con Telesfora Sánchez, que finou en Barcelona a principios de xaneiro de 1914,La Correspondencia Gallega, 3-1-1914, p. 3. e foi pai de sete fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Los poetas de las rondallas: Wenceslao Veiga y Gadea y Ángel Fernández Torres
Wenceslao Veiga en Galegos.
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1853
Categoría:Finados en 1916