O Edificio Central de Correos é un edificio situado no barrio da Pescaría da cidade da Coruña. É a sede principal de Correos na cidade.

Historia miniatura|Torre do reloxo En 1908, o goberno estableceu mediante unha Real Orde a necesidade de construción de novas casas de Correos en diversas cidades, aínda que o proceso se demorou varias décadas. No prego de condicións non se indicaba un estilo, mais si que tiña que estar situado nunha zona céntrica.

O arquitecto Joaquín Otamendi colaborara con Antonio Palacios na construción do Palacio de Comunicacións de Madrid (1919) e tamén proxectara a Casa de Correos de Ferrol, ambos os edificios en estilo moi diferente do coruñés.

Descrición O edificio, racionalista con características art déco, emprega un estilo que supón unha aposta da empresa pola modernidade.

Dispón de baixo, dúas plantas e ático. Ao ser un edificio exento cada unha das fachadas ten unha función diferente. Os dous patios cadrados permiten a entrada de luz no vestíbulo de atención ao público.

A torre do reloxo evoca a arquitectura nórdica, como a estación de Helsinqui, de Eliel Saarinen.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas CoruñeANDO

Categoría:Arquitectura civil na Coruña