Cosmic Psychos é unha banda australiana de punk rock fundada no ano 1982 como Spring Plains. A primaira formación estable do grupo incluía a Ross Knight no baixo, guitarra e voces, a Peter Jones na guitarra, e a Bill Walsh na batería. O historiador da música rock australiano, Ian McFarlane, describiu a súa música como "unha especie de punk noise artístico, nalgún lugar entre The Birthday Party e uns Ramones que soan máis narcóticos".
A finais de 1984 o grupo foi renomeado como Cosmic Psychos e publicou o seu traballo de estrea, o EP Down on the Farm, en decembro de 1985. A este seguíronlle varios álbums que foron promovidos por xiras nacionais e internacionais por Europa e América do Norte, incluíndo festivais con Mudhoney, Nirvana, L7, Helmet e Motörhead.
En 1990 Jones foi substituído por Robbie Watts á guitarra. En 2005 Walsh foi substituído por Dean Muller (Hoss, Chris Russell's Chicken Walk) na batería. O 1 de xullo de 2006 Watts morreu dun ataque cardíaco aos 47 anos e a banda continuou uníndose a eles John McKeering (ex The Onyas).
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Cosmic Psychos 1987 Mr. Spaceman Go the Hack 1989 Survival Blokes You Can Trust 1991 Survival Self Totalled 1995 Shagpile, Arschloch Oh What a Lovely Pie 1997 Shagpile, Arschloch Off Ya Cruet! 2005 Timberyard Records Dung Australia 2007 Timberyard Records Glorius Barsteds 2011 Missing Link Records Cum the Raw Prawn 2015 Desperate Loudmouth Soup 2018 Go the Hack Mountain of Piss 2021 Go the Hack
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 1982