Thora Hjörleifsdottir (en ), nada en 1986, é unha novelista e poeta islandesa. O seu primeiro libro, Magma (2019), converteuse nun best-seller no seu país, suscitando un debate público sobre a violencia de xénero. Na actualidade, forma parte do colectivo Svikaskálda ("poetas impostores").
Hjörleifsdottir foi publicada en galego por Rinoceronte Editora en 2023, cunha tradución de Elías Portela.
Traxectoria Thora Hjörleifsdottir cursou un mestrado en escrita creativa na Universidade de Islandia. Forma parte do colectivo Svikaskálda, co que publicou poemarios como Ég er ekki að rétta upp hönd (2017) e Ég er fagnaðarsöngur (2018). A súa primeira novela, Magma, publicada en 2019, foi un éxito de vendas en Islandia, onde suscitou moita controversia. A obra foi traducida a múltiples idiomas, como o inglés ou o galego, e foi recomendada pola revista Time.
Na actualidade, traballa como profesora de islandés.
Publicacións Ég er ekki að rétta upp hönd ("Non vou erguer a man", 2017) Ég er fagnaðarsöngur ("Son unha canción alegre", 2018) Nú sker ég netin mín ("Agora corto as miñas redes", 2019) Magma (2019) Olía ("Petróleo", 2021) Eftirvæntingu ("Anticipación", 2021)
Traducións Magma (2023). Tradución directa de Elías Portela. Rinoceronte Editora.
Notas
Categoría:Escritores en lingua islandesa Categoría:Nados en 1986 Categoría:Profesores da Universidade de Islandia