A Premier Hockey Federation (PHF) foi unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo no Canadá e os Estados Unidos, e operou entre marzo de 2015 e xuño de 2023. A liga foi creada en 2015 baixo a denominación de National Women's Hockey League (NWHL), e estaba composta por catro equipos propiedade da liga. Co tempo, algúns equipos conseguiron propietarios independentes e o número de participantes aumentou a sete; os equipos que conformaban a liga durante a súa derradeira tempada foron o Boston Pride, as Buffalo Beauts, o Connecticut Whale, as Metropolitan Riveters, as Minnesota Whitecaps, o Montreal Force, e o Toronto Six. Cada ano o equipo campión dos play-offs recibía a Isobel Cup.

A PHF cesou as súas operacións o 29 de xuño de 2023, logo de que a liga e as súas propiedades intelectuais foran adquiridas polo Mark Walter Group e BJK Enterprises, lideradas por Mark Walter e Billie Jean King, respectivamente. Ambas empresas asociáranse coa Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA) en maio de 2022, coa intención de crear unha nova e unificada liga profesional feminina en América do Norte. O 29 de agosto de 2023, os socios anunciaron a formación da Professional Women's Hockey League (PWHL), que comezou en xaneiro de 2024.

Equipos Equipo Cidade Pavillón principal Copas Ingreso Equipos asociadosBoston Pride Boston, Massachusetts Warrior Ice Arena 3 2015 Boston Bruins (NHL)Buffalo Beauts Amherst, Nova York Northtown Center 1 2015Buffalo Sabres (NHL)Connecticut Whale Simsbury, Connecticut International Skating Center of Connecticut 0 2015 Metropolitan Riveters East Rutherford, Nova Jersey The Rink at American Dream 1 2015 New Jersey Devils (NHL)Minnesota Whitecaps Richfield, Minnesota Richfield Ice Arena 1 2018 Minnesota Wild (NHL)Montreal Force Montreal, Quebec Varios 0 2022 Toronto Six Toronto, Ontario Canlan Ice Sports – York 1 2020

Notas

Referencias

Categoría:Premier Hockey Federation