José Manuel Abalde , máis coñecido como Josiño Abalde, nado en Vigo o 5 de abril de 1963, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria En 1993 comezou a adestrar o Rápido de Bouzas en substitución de Jesús Sanchez, no retorno do equipo á Terceira División, durante a presidencia de Baltasar Pujales. Na tempada 2004-05 acadou co equipo de Bouzas o campionato nesa división, mais non o ascenso a Segunda B. Ao ano seguinte pasou a adestrar o Villalonga CF en substitución de Pablo Díaz, que pasou ao Rápido de Bouzas. Na primeira tempada xogaron a fase de ascenso ante o SD Noja, mais non o acadaron, e na tempada 2006-07 remataron sétimos. Pasou entón ao Céltiga Fútbol Club, onde acadou a permanencia.
Na súa primeira tempada no Coruxo FC acadou a cuarta praza e o ascenso á Segunda División B. Mantivo o equipo dous anos nesa categoría.
En 2014 pasou a adestrar o Alondras CF.
Notas
Categoría:Adestradores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1963